E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Linguas francas

By Leco | Maio 4, 2008

Esta finde estivemos na Feira de Emprendedoras de EMEGA cun stand. Houbo pouquísima xente mais unha parella de visitantes duns cincuenta anos pararon ante a miña mesa e o home preguntoume a que nos dedicabamos:

Eu: Somos unha empresa de xestión cultural a través das novas...

Muller lixeiramente irritada: ¡En español nos entendemos todos mucho mejor!

Eu afábel: Non

Muller máis irritada a elevar a voz: Sí, porque los que venimos de fuera...

Eu afábel: Los que venimos de fuera podemos ser un poco más educados al decirlo porque los que venimos de dentro no tenemos por qué saber quiénes son los que vienen de fuera.

Muller irritada con ton de superioridade: En español no hay problema ninguno porque nos entendemos todos muchísimo mejor.

Eu afábel: Mira, no tengo ganas ningunas de discutir cuestiones lingüísticas así que, si os interesa os cuento lo que hacemos en esta empresa y si no podéis seguir con vuestro paseo tranquilamente.

Saíron a fume de carozo coa súa anécdota baixo o brazo e, como a estas horas xa estarán de volta na casa, teralles faltado tempo para contarlle a toda a familia que os galegos somos uns integristas radicais, que aquí non se fala outra cousa que galego e que non nos importa que a xente non nos entenda. Mágoa que isto non sirva para nada.

Chuzame! chuzame -

Topics: leco | 13 Comments »

A idade é un grao

By Leco | Abril 30, 2008

O avó J, que sempre inventa mil e unha historias para os pelachos, preguntoulles hoxe por enredar:

-A ver, si viniese un genio y os concediese un deseo qué pediríais? Pensadlo bien porque sólo podéis pedir una cosa cada uno. A ver, Prima P, ¿qué le pedirías tú?

-¡Yo le pediría ir a Coroso!

-¿Y tú, pelacha, que le pedirías?

-¡Yo le pediría un disfraz de princesa con todo!

-Y tú, primo J, ¿qué le pedirías tú al genio?

-¡Pues ser un Harry Potter de verdad, con todos los poderes!

-Quedas tú, pelacho, ¿qué le pedirías al genio?

-Pues yo le pediría... que me concediese otros cinco deseos!

Chuzame! chuzame -

Topics: Pelachos, prima P., primo | 6 Comments »

Por fin casa nova!

By Leco | Abril 27, 2008

Por fin! Aínda non é a definitiva, senón un piso a estrear que nos prestou a miña madriña e que está a 5 m. do noso. A min case me parecía recochineo ver a obra inconclusa da nosa nova morada desde a xanela da sala pero o papá opina que así podemos controlar calquera pequena mudanza do Escorial. Viñemos o sábado pasado con parte do que tiñamos na casa vella (á que a pelacha pregunta se podemos ir algún día de visita) e unhas cantas cousas que nos pasaron amabelmente Toño e Vicki e xa está! Erguémonos unha hora máis tarde que antes e non temos que coller o carro para ir ao cole porque está a dous minutos a pé. Todo está novo, non hai ruído, temos calefacción e no parque do paseo fluvial os pelachos atopan pola tarde os seus amigos da escola. Que máis se pode pedir? O papá non para de repetir que o ar cheira moito mellor e, aínda que el madruga un bocado máis, di que non lle importa nada.

Os palachos están felices con todas as novidades, mesmo a de compartir cuarto, tanto que o outro día lle dicía o pelacho á pelacha:

-Te das cuenta, pelacha, de que nunca nos hemos llevado tan bien?

Seguimos a tope de traballo pero ímolo levando con bo humor e, sobre todo, desfrutando moito coa cultura e a tecnoloxía. Pensabamos que era unha boa idea mais non sabiamos até que punto. As humanidades teñen máis futuro que nunca. Disto falarei o mercores na conferencia que teño que dar na universidade.

Despois de catear tres na pasada avaliación (case lle rogamos á súa titora que o fixese para ter unha arma para facerlle ver que non podía seguir facendo o que lle daba a gana todo o tempo no cole. Cada vez que a profe mandaba facer algunha ectividade o pelacho preguntaba se era voluntaria, deixou os exames en branco porque total a profesora xa sabía que el o sabía, así que, para que perder o tempo. Levantábase seguido e distraía os compañeiros... Pois xa está encarrilado de novo e traballando duro para non pasar o verán facendo o que non fixo no inverno, que foi a nosa ameaza.

A pelacha é nisto o estremo oposto, a súa titora di que non lle importa poñer ao seu lado os máis revoltudos porque, como estea facendo algo, xa pode chover de abaixo a arriba, que non atende a nada até que remata. Tamén di que é moi despistada e que cando mudan rutinas sempre pasa días até que se fai ás novas mais nós pensamos que o que é é un pouco testuda e que, como goste máis do modo en que antes se facía unha cousa, vai tentar seguila facendo ao seu xeito até que comprobe que non hai hipótese.

O amigo Xavier envíame varias pelachadas que transcribo con moito gosto:

-En Roma, un que é de Ourol contoume que de paqueniño, cando subía no coche do pai ás alturas das Pontes, comezaba a ver o penacho da chaminea e mais os bafos dos módulos de esfriamento da central térmica e de aí colleu a idea que lle durou anos, ata que lla tumbou unha profe: coidaba que nas Pontes era onde se fabricaban as nuves da Coruña, onde el vivía.

-  O venres santo pasado, reuníuse en Neda boa parte da miña familia. Unha cativa de cinco anos non deixaba de dar a malleira con que quería ir ás procesións de Ferrol, nas que xa estivera días antes. A mai negábase argumentando sobre o mal tempo. Daquela a pequena preguntoulle "¿E porque morreu Xesús tan rápido?". Os adultos puxemos cara de espanto pois coñecemos a personaxiña, alcumada "o Gremlin" entre nós; e, abraiados, oímos como lle berraba á mai "¿Non recordas que naceu en Nadal, ou que?" (Ela fora a virxe no belén do seu cole). Logo das gargalladas, a miña irmá contou unha escena en que interviñeran unhas sobriñas nosas que xa son mozas. A máis vella facía deberes de colexio de monxas e perguntoulle á seguinte en idade se entendía o do Espírito Santo. Ela -aclarou- comprendía que Deus fose o pai de Xesucristo "porque era o máis vello" pero non sabía de quen viña sendo o Espírito Santo. Ante a dúbida da consultada, unha terceira irmá, a menor, deu pistas: "Pois será fillo de separados"...

-O meu fillo Iago foi ao zoo de Barcelona coa Irene. Xunto deles, avanzaba unha familia de ecuatorianos, cun pequeno que observaba caladamente; ata que chegaron a unha imitación de selva centroamericana. Alí o rapaz falou alto: "¡Miren, miren, la casa de la abuelita!"

Feliz semana!

Chuzame! chuzame -

Topics: Pelachos, leco | 1 Comment »

A pelacha ao acordar unha mañá…

By Leco | Abril 13, 2008

-Tuve un sueño... que quería soñar pero este dedo (agarrando un polegar) no me dejaba... y todos los demás querían soñar... pero este no quería!

Chuzame! chuzame -

Topics: pelacha | 1 Comment »

A permanencia da estela

By Leco | Abril 9, 2008

O papá sacou a pelacha da ducha envolta nunha toalla moi vella porque todas as demais estaban para secar. A pelacha estrañouse moitísimo, tan como é, de verse cuberta por tal cerello:

-¿De quién es esta toalla!

-De San Pedro!

Díxolle o papá, que non a daba axeitado para secala e vestila.

-¿Es la toalla de Juan Perro?

Preguntou ela aínda máis estrañada.

Chuzame! chuzame -

Topics: papá, pelacha | 4 Comments »

« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader