Archive for agosto, 2005
« Previous Entries112543290407749936
martes, agosto 30th, 2005Efectivamente a pelacha xa ten o seu primeiro colmillo. Pobriña, que lata lle levan dado os dentes, e os que lle quedan... Hoxe tivo a primeira caída considerável da súa vida: foise apoiar na saia dunha mesa camilla que non era a superficie dura e consistente que ela esperaba e foi coa meixela contra unha das patas da mesa. O resultado foi unha rabuñada pequena, un susto grande e un pouco Traumel, que todo o cura. Que todos sexan como este. Como aínda teño restos do lumbago destes días, aproveito cando estou convosco nas casas dos avós para non facer moitas cabriolas e son eles ou os tíos os que andan contigo como a túa sombra nas túas carreiras por toda a casa. Pois hoxe, con todo o que che gusta andar, houbo un momento en que viñeche a min e pedícheme colo. Estou certa de que foi por estar comigo un bocadiño e fíxome moitísima ilusión.
O pelacho tiña o día un pouco retador, diría eu... quedache sen conto na cama porque preferiche saírte coa túa e lamber o prato para arrepañar todo o mollo de vez. Tomáchelo con deportividade porque sabías a consecuencia e nin sequera te preocupache de facelo cando eu non miraba. Despois da cea lemos unha miga no silabario. Hoxe aprendiche o s de sapo e sorprendeute moiti ser quen de ler unha frase tan complicada como ese sapo se asoma. Comento con Pawley que estou a escribir as vosas anécdotas e lémbrame un par delas que non debo esquecer: a primeira aconteceu nun día que estabas tan roncha á hora da cea, con tanto sono, de comezache unha serie de preguntas do tipo "por que" tan longa que ao final patinache e acabache preguntando: "Por que nunca me dejas tomar el postre cuando estoy tomando el postre?" todo cabreado. A segunda foi unha das túas primeiras reflexións existenciais espontáneas. Despois de pasar unha tarde inolvidável co teu amigo Álvaro (neste momento el ten 9 anos que, ao lado dos case cinco teus e unido ao moito que te quere, fai que o consideres un ídolo) dixeche que ti querías ser Álvaro e ademis outro neno ao mesmo tempo porque así, sendo dous á vez e un deles Álvaro, poderías xogar con Álvaro todo o tempo (sendo ti mesmo accedería a xogar contigo sempre que quixeses!). Acho que non deixa de ser unha versión do amigo imaxinario ese que aparece en todos os filmes ianquis con neno ou nena mais enunciado como desexo para que, en caso de ser, que sexa de verdade.
Isto lémbrame a unha tempada hai pouco tempo en que nos facías moitas preguntas sobre a morte e sobre cando había de morrer a xente que coñecías. Un día preguntáchenos se, en caso de morreres, sairía outro neno igual; literalmente dixeche "outro igual", e claro, houbo que dicirche que non.
112535216805074002
luns, agosto 29th, 2005Que gana tiña de vervos cando saín de traballar! e que tarde tan tranquila e animada pasamos na "pista", que é como chama o pelacho á praza que temos ao lado da casa. Mentres eu xogaba aos cacharritos coa pelacha e outra nena que se nos animou, ti andache entre os outros cativos. Hoxe tocáronche máis pequenos a maioría pero dánseche ben, verdade? Ademais traías o minimonopatín que che regalaran os tíos e, como viche un par de nenos de uns 10 anos que tamén andaban cos seus, alí foche a unirte á festa. De primeiras riron un pouco da túa ocorrencia de te achegares a eles como un máis pero logo caeron na tentación de probar o teu patín a cambio dos seus, como xa ben aprendiche a negociar. Xa sabes o que é andar nun patín grande e é probável que che che regalemos un polo teu aniversario dentro de un par de semanas.
A pelacha estaba hoxe un pouco ronchiña, supoño que porque están a saírche os colmillos, e co tamaño das túas pezas, iso debe ser toda unha revolución dentro da boca. Cada vez gostas máis da canucha, e ela préstache cada vez máis atención porque a gañas a base de constancia a darlle mimiños. Ela gosta de che lamber a cara, e ti gostas e dache arrepío ao mesmo tempo; non todo e branco ou negro, como xa irás vendo, máis ben, case nada o é.
Agora estades os dous a durmir desde hai un bon pedazo e papá xa logo ha chegar. O primeiro que fai sempre ao entrar é darvos un beixiño e amañarvos a roupa da cama e entón eu sempre suspiro.
AAAAAAAAAAAAAAAAAAAI… (con ton melancólico)
domingo, agosto 28th, 2005Pois remataron as vacacións e mañá volto á oficina... e xa está.
Hoxe o papá e o pelacho foron ao cinema para ver a Fábrica de Chocolate, de Tim Burton. Chegastes tarde, viña mal indicada a hora no xornal, e perdestes medio filme mais papá di que para ser o teu primeiro Tim Burton, chegou ben. Viñeche encantado do rule polo centro comercial e aínda estaban os primos cando voltastes.
A pelacha xa se agacha soa e sen apoio para apañar calquera cousiña do chan. O de calquera cousiña vai en sentido literal porque es especialista en atopar pelos, motas de po e até un dente dun selo se for preciso. Non tes moita gana de falar; igual que fixo o pelacho á mesma altura, é como se vos negásedes a falar até saber que vos vai saír pola boca exactamente o que queredes escoitar... xa veremos.
Xa de volta no bairro paramos unha horiña na praza, o tempo suficiente para que o pelacho apañase toda a suxidade que collía na súa roupa, vamos, a tope.
A tía T sabe que estou a escribir estas cousas e lémbrame que non estaría de mais lembrar algunha anécdota das históricas, como cando o pelacho lle pediu a Dulce un zume de mala maneira e Dulce díxolle: "pero fáltache algo... dúas palabras... poooooor...?" "¡por pajita!", respondeu el. Ou o día que lle puxen diante un prato de lentellas e el, coñecedor da fábula, dixo laconicamente: "las dejo".
112522568127619167
domingo, agosto 28th, 2005Hoxe é domingo pola mañá e vamos baixar dar unha voltiña pola praza. O pelacho acaba de ver Madagascar na tele por enésima vez, xunto con Monstruos S.A. é dos poucos filmes que lle gusta repetir. A pelacha está agora a ver uns poucos teletubbies mentres os demais acabamos de ducharnos e vestirnos para saír; ten unhas zapatillas vermellas novas e está contentísima con elas. Pero será posível que se poda herdar o gosto polo calzado? porque ao pelacho pásalle exactamente o mesmo, estrearía un par cada día se puder.
Hoxe comeremos na casa dos avós en Forterra e tamén estarán os primos. Pola tarde levaremos o pelacho ver A Fábrica de Chocolate porque o día non se presta moito para andar por fóra e eu aínda non estou nin para levar a pelacha pola man. Hai días así.
Definitivamente parece que rematou o verán: tivemos moitos días de sol, moi pouca chuvia e moitos incendios, moitos baños no mar de Itaca, como a chama un célebre blogueiro, e moitos na piscina da Solana; Días moi curtos ao lado de outros que se fixeron máis longos do que todos terçiamos querido. Mañá comezo a traballar de novo e non me apetece moito porque hai asuntos pendentes na oficina que non teño gana de ver como evolúen e porque o meu futuro na empresa é un tanto incerto ante os recortes que se aveciñan. Quen o sabe, se cadra é o mellor para encontrar o meu sitio laboral definitivo. Que sara sara...
Hoxe comeremos na casa dos avós en Forterra e tamén estarán os primos. Pola tarde levaremos o pelacho ver A Fábrica de Chocolate porque o día non se presta moito para andar por fóra e eu aínda non estou nin para levar a pelacha pola man. Hai días así.
Definitivamente parece que rematou o verán: tivemos moitos días de sol, moi pouca chuvia e moitos incendios, moitos baños no mar de Itaca, como a chama un célebre blogueiro, e moitos na piscina da Solana; Días moi curtos ao lado de outros que se fixeron máis longos do que todos terçiamos querido. Mañá comezo a traballar de novo e non me apetece moito porque hai asuntos pendentes na oficina que non teño gana de ver como evolúen e porque o meu futuro na empresa é un tanto incerto ante os recortes que se aveciñan. Quen o sabe, se cadra é o mellor para encontrar o meu sitio laboral definitivo. Que sara sara...
112518308245707419
domingo, agosto 28th, 2005Segundo día que paso sen saír da casa polo lumbago. O pelacho me di que eu non me levanto nunca. Xogo cos pelachos aos cacharritos encima da cama. A pelacha pide todo o que ve no cuarto e mete na boca as moedas antigas coas que xoga para que lle diga que iso non se pode facer, está feita unha lercha. O pelacho está feliz de que levemos dous días todos xuntos a todas horas e en especial por estar desfrutando tanto do seu papá, que até lle "elimina" as burbullas da fanta para que lle uste máis.
Como chove pola tarde o pelacho quere ir unha horiña a Cocoloco a troulear duramente. O día remata con partida de PS2 co papá e sandwhiches de cea. Poste pesadiño co que está mais pasado ou menos e cámbiasllo a papá non sei cantas veces.
Como chove pola tarde o pelacho quere ir unha horiña a Cocoloco a troulear duramente. O día remata con partida de PS2 co papá e sandwhiches de cea. Poste pesadiño co que está mais pasado ou menos e cámbiasllo a papá non sei cantas veces.
« Previous Entries
