« 112509699626016978 | Home | 112522568127619167 »
112518308245707419
By Leco | Agosto 28, 2005
Segundo día que paso sen saír da casa polo lumbago. O pelacho me di que eu non me levanto nunca. Xogo cos pelachos aos cacharritos encima da cama. A pelacha pide todo o que ve no cuarto e mete na boca as moedas antigas coas que xoga para que lle diga que iso non se pode facer, está feita unha lercha. O pelacho está feliz de que levemos dous días todos xuntos a todas horas e en especial por estar desfrutando tanto do seu papá, que até lle "elimina" as burbullas da fanta para que lle uste máis.
Como chove pola tarde o pelacho quere ir unha horiña a Cocoloco a troulear duramente. O día remata con partida de PS2 co papá e sandwhiches de cea. Poste pesadiño co que está mais pasado ou menos e cámbiasllo a papá non sei cantas veces.

chuzame -
Topics: Sen clasificar |