E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

« 112518308245707419 | Home | AAAAAAAAAAAAAAAAAAAI… (con ton melancólico) »

112522568127619167

By Leco | agosto 28, 2005

Hoxe é domingo pola mañá e vamos baixar dar unha voltiña pola praza. O pelacho acaba de ver Madagascar na tele por enésima vez, xunto con Monstruos S.A. é dos poucos filmes que lle gusta repetir. A pelacha está agora a ver uns poucos teletubbies mentres os demais acabamos de ducharnos e vestirnos para saír; ten unhas zapatillas vermellas novas e está contentísima con elas. Pero será posível que se poda herdar o gosto polo calzado? porque ao pelacho pásalle exactamente o mesmo, estrearía un par cada día se puder.
Hoxe comeremos na casa dos avós en Forterra e tamén estarán os primos. Pola tarde levaremos o pelacho ver A Fábrica de Chocolate porque o día non se presta moito para andar por fóra e eu aínda non estou nin para levar a pelacha pola man. Hai días así.
Definitivamente parece que rematou o verán: tivemos moitos días de sol, moi pouca chuvia e moitos incendios, moitos baños no mar de Itaca, como a chama un célebre blogueiro, e moitos na piscina da Solana; Días moi curtos ao lado de outros que se fixeron máis longos do que todos terçiamos querido. Mañá comezo a traballar de novo e non me apetece moito porque hai asuntos pendentes na oficina que non teño gana de ver como evolúen e porque o meu futuro na empresa é un tanto incerto ante os recortes que se aveciñan. Quen o sabe, se cadra é o mellor para encontrar o meu sitio laboral definitivo. Que sara sara...
Chuzame! chuzame -

Topics: Sen clasificar |

Comments

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader