O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for Agosto, 2005

« Previous Entries

112543290407749936

Martes, Agosto 30th, 2005

Efectivamente a pelacha xa ten o seu primeiro colmillo. Pobriña, que lata lle levan dado os dentes, e os que lle quedan… Hoxe tivo a primeira caída considerável da súa vida: foise apoiar na saia dunha mesa camilla que non era a superficie dura e consistente que ela esperaba e foi coa meixela contra unha […]

112535216805074002

Luns, Agosto 29th, 2005

Que gana tiña de vervos cando saín de traballar! e que tarde tan tranquila e animada pasamos na “pista”, que é como chama o pelacho á praza que temos ao lado da casa. Mentres eu xogaba aos cacharritos coa pelacha e outra nena que se nos animou, ti andache entre os outros cativos. Hoxe tocáronche […]

AAAAAAAAAAAAAAAAAAAI… (con ton melancólico)

Domingo, Agosto 28th, 2005

Pois remataron as vacacións e mañá volto á oficina… e xa está. Hoxe o papá e o pelacho foron ao cinema para ver a Fábrica de Chocolate, de Tim Burton. Chegastes tarde, viña mal indicada a hora no xornal, e perdestes medio filme mais papá di que para ser o teu primeiro Tim Burton, chegou […]

112522568127619167

Domingo, Agosto 28th, 2005

Hoxe é domingo pola mañá e vamos baixar dar unha voltiña pola praza. O pelacho acaba de ver Madagascar na tele por enésima vez, xunto con Monstruos S.A. é dos poucos filmes que lle gusta repetir. A pelacha está agora a ver uns poucos teletubbies mentres os demais acabamos de ducharnos e vestirnos para saír; […]

112518308245707419

Domingo, Agosto 28th, 2005

Segundo día que paso sen saír da casa polo lumbago. O pelacho me di que eu non me levanto nunca. Xogo cos pelachos aos cacharritos encima da cama. A pelacha pide todo o que ve no cuarto e mete na boca as moedas antigas coas que xoga para que lle diga que iso non se […]

« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico