Archive for agosto, 2005
Next Entries »112509699626016978
sábado, agosto 27th, 2005Hoxe pasei todo o día na cama por un ataque de lumbalxia e papá non foi traballar por coidar de vós. Papá está a facer unha substitución dun compañeiro que rompeu un brazo e traballa de 3 a 12 da noite todos os días esta temporada. Foi un día moi divertido, o pelacho estivo moi ocorrente: papá regalouche unha caixa metálica con chave avisándote ben de que non a deixases dentro, cousa que ocorreu 5' máis tarde pero coa axuda dun clip conseguimos abrila. A pelacha camiñou por toda a casa todo o día e protestache con enerxía cada vez que papá te poñía no parque ou na cadeira para facer algunha cousa. Cando a pelacha xa durmía ceamos os tres no noso cuarto. Pasámolo moi ben. O pelacho sostiña que a cocacola light e sen cafeína non tiña burbullas e a ver quen o convencía do contrario. Xogache con papá á Plstation e ao principio do xogo (de loita) querías pasarlle o mando a papá porque ti dicías que che daba grima que te matasen. Antes diso estiveche castigado por meterlle medo á Ruca (como ves que outros nenos o fan na rúa, andas un pouco traste con iso) a facer 2 páxinas dun caderno de Rubio: non che gusta nada colorear nin seguir as liñas de puntos, así que é un bon castigo para non ter que dramatizar e ademais Balbina, que é a túa profe de Infantil, seguro que nolo agradece.
Estes día andamos tamén a aprender a ler como que non quere a cousa e teño que dicir que foi fantástico compartir contigo a emoción que sentiches cando te diche conta de que acababas de ler a túa primeira frase enteira: mi mamá me ama.
Estes día andamos tamén a aprender a ler como que non quere a cousa e teño que dicir que foi fantástico compartir contigo a emoción que sentiches cando te diche conta de que acababas de ler a túa primeira frase enteira: mi mamá me ama.
chuzame - para o pelacho
mércores, agosto 24th, 2005Hoxe tiveche un dia terrível. Montache un bon cristo xa na comida. Pola tarde fomos ás trangalladas da festa da praza e subiche en todo, as camas de ar, etc. e aínda quedamos na praza até as oito pero nada foi suficiente para que non protestases por todo e me dixeses sistematicamente non a todo o que che dicía. Comezamos pronto coa adolescencia. Eu creo que en grande medida se debe a que papá esta a traballar de tarde e fáiseche pouco velo só ás mañás despois dunhas vacacións tan intensas pero é o que hai. Hai quen di que iso son ciumes, que é porque a pelacha fai cada día máis cousas e rouba protagonismo pero períodos así lembrámolos desde sempre. Non é que agora reclames máis atención porque está a pelacha senón que sempre reclamas moita atención e ás veces incluso máis. Paréceme moi normal aos catro anos.
Na cea boteiche unha bronca grande facéndome a enfadada, porque débeste ver tan seguro que hai que apertarte máis do que gostaria para facerche subir as bágoas aos ollos. Iso, a verdade é que me parece algo positivo porque non se debe a que sexas insensible, todo ao contrario, es un neno moi alegre que estoura de emoción coa cousa máis pequena, pero o mundo non xira arredor de ti. Tiven que dicirche cousas do calibre de que es un mentiroso incluso cando dis que me queres, porque logo non o demostras. Póñenseme os pelos de punta só de lembralo, pero é igual que o día que tivemos que explicarche o que podía pasarche se te perdías, as burradas que tivemos que dicirche para que nos creses. Esas non quero nin lembralas. Teu papá sempre di que como uses ben toda esa forza que tes, vas ser a bomba porque conseguirás o que te propoñas e non temos dúbidas de que así será.
Non sabes o que me tiven que conter para non abrazarte forte ao te deitares na cama e aguantar a cara seria até o final...
Non sabes o que me tiven que conter para non abrazarte forte ao te deitares na cama e aguantar a cara seria até o final...
chuzame - 112474954222270727
martes, agosto 23rd, 2005Onte domingo fomos pola mañáao parque de Santa Margarida. O pelacho había moitísimo que non vía o seu amigo Antonio e pasouno en grande con el. Ademais démonos conta de que xa non podiamos telo ao noso carón todo o tempo e que tiña que troulear fóra da nosa vista cos demais, aínda que fose o máis pequeno do grupo. Pola tarde fomos á Feira do libro antigo con eles de novo e ao rematarmos de non atopar moita cousa interesante, levámolos aos coches de choque. Daba gusto velos desfrutar a chocar cos outros rapaces. Despois tanto correron polos Xardíns adiante, que cando o noso pelacho se meteu na cama pola noite, comezou a chorar porque lle doían os pés de tanto usalos. Nada que non se puidese compoñer cun pouco de Dalsy que, para a nosa sorpresa fixo efecto imediato (máis ou menos os 10 segundos que lle levou quedar durmido).
E a Pelacha... a pelacha rompeu a andar onte!!!!!!!!!!!!! E como con todo o demais, e a dicir de seu pai, fai igual que fai súa nai, animouse despois de razoarmos con ela para que se intentase botar uns pasiños soa ao xeito. Tamén é certo que cada vez que chegaba aos brazos de un o outro aproveitaba que a tiña de costas para se afastar unha miguiña máis... Unha pequena trampa que, con certeza nos perdoará.
Gran día este domingo!
E a Pelacha... a pelacha rompeu a andar onte!!!!!!!!!!!!! E como con todo o demais, e a dicir de seu pai, fai igual que fai súa nai, animouse despois de razoarmos con ela para que se intentase botar uns pasiños soa ao xeito. Tamén é certo que cada vez que chegaba aos brazos de un o outro aproveitaba que a tiña de costas para se afastar unha miguiña máis... Unha pequena trampa que, con certeza nos perdoará.
Gran día este domingo!
chuzame - 112457758026619386
domingo, agosto 21st, 2005Hoxe paseábamos polo parque de Eirís, eu de pantalón branco, e apareceume unha mancha vermella tremenda. Ollei o pantalón e o Pelacho tiña gardado dúas moras no meu peto, que foran esmagadas e conveniente esparexidas por todo o tecido que acharon perto. A Pelacha está a piques de soltarse a andar, aínda reclama a nosa man pero como valentía por fin accede a camiñar uns pasos sen axuda se nos poñemos ao final do seu percorrido.
chuzame - Next Entries »







