O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for Agosto, 2005

Next Entries »

112509699626016978

Sábado, Agosto 27th, 2005

Hoxe pasei todo o día na cama por un ataque de lumbalxia e papá non foi traballar por coidar de vós. Papá está a facer unha substitución dun compañeiro que rompeu un brazo e traballa de 3 a 12 da noite todos os días esta temporada. Foi un día moi divertido, o pelacho estivo moi […]

para o pelacho

Mércores, Agosto 24th, 2005

Hoxe tiveche un dia terrível. Montache un bon cristo xa na comida. Pola tarde fomos ás trangalladas da festa da praza e subiche en todo, as camas de ar, etc. e aínda quedamos na praza até as oito pero nada foi suficiente para que non protestases por todo e me dixeses sistematicamente non a todo […]

112474954222270727

Martes, Agosto 23rd, 2005

Onte domingo fomos pola mañáao parque de Santa Margarida. O pelacho había moitísimo que non vía o seu amigo Antonio e pasouno en grande con el. Ademais démonos conta de que xa non podiamos telo ao noso carón todo o tempo e que tiña que troulear fóra da nosa vista cos demais, aínda que fose […]

112457758026619386

Domingo, Agosto 21st, 2005

Hoxe paseábamos polo parque de Eirís, eu de pantalón branco, e apareceume unha mancha vermella tremenda. Ollei o pantalón e o Pelacho tiña gardado dúas moras no meu peto, que foran esmagadas e conveniente esparexidas por todo o tecido que acharon perto. A Pelacha está a piques de soltarse a andar, aínda reclama a nosa […]

Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico