O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for Setembro, 2005

« Previous Entries

112794593937998712

Mércores, Setembro 28th, 2005

Creo que estou a apañar un catarro. Hoxe deiteime con papá a iso das 10 (érguese ás 5:00) pero volvín levantarme porque teño que escribir o meu cv. O anterior tireino hai cousa de un ano con todos os disquetes que conservaba e que xa non tiña onde meter. Desde un centro de linguas recentemente […]

112742967679179857

Venres, Setembro 23rd, 2005

hoxe boto fume polas orellas. Así foi o día: 7:20.- Érgome e dúchome (hoxe, do almorzo xa nin falamos). 8:00.- Chamo o pelacho, axúdoo a se vestir, doulle o almorzo e saímos para o cole. 9:02.- Chego ao café acordado onde me reúno cos meus compis para ir a Castropol, onde temos reunión da delegación. […]

112734195966629519

Xoves, Setembro 22nd, 2005

Que día! eu sigo a tope no traballo porque setembro semella non acabar nunca, papá anda a revisar a súa situación laboral co patrón e é o conto de nunca acabar, mañá marcho todo o día a unha reunión en Castropol onde pode arder Troia se, como parece, a acaba montando unha compañeira, mañá tamén […]

112672341249323502

Mércores, Setembro 14th, 2005

Síntome moi cansa e dóeme un pouco o colo de tantas horas de ordenador no traballo. Paréceme mentira ter gana de achegarme aínda ás teclas na casa pero é nestes momentos que lembro moitas cousas do día ou de outros días e reláxome moito, aínda que sexa diante do ordenador. Estamos a pasar unha semanas […]

112665029977020626

Martes, Setembro 13th, 2005

A pelacha probou hoxe o novo horario con madrugón incluído e aguantou o tirón sen durmir máis que os outros días. Hoxe estivo a xogar aos “cacharritos” cos Carlos, Raquel e o pelacho. Desfrutaba un montón entre eles comendo as comidiñas que lle daban e facendo de filla na familia improvisada. Fíxoseche un pouco cedo […]

« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico