E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Setembro, 2005

Next Entries »

112655653757062220

Luns, Setembro 12th, 2005
O pelacho xa ten cinco anos. Hoxe comezaba o curso e foi ao reencontro dos vellos amigos. Cando cruzabamos o portalón de entrada preguntoume:
-Mamá, ¿Tú te acuerdas de los viejos tiempos?
Claro que si, home, claro que si.
Creo que non contaba con se sentir tan contento voltar ao cole; ademais, íalle repetindo a canta nena, neno, pai ou nai se cruzaba, que xa tiña cinco anos e que agora era dos maiores. Como el xa non agardaba por resposta ningunha, non chegaba a ver que os adultos rían coa ocorrencia e que os cativos, maiores ou menores que el, poñían cara indiferenza activa, que consiste en esforzarse en mostrar que o que dis non me importa nada.
Repartiche larpeiradas a todos os compis e convites para a festa aos máis amigos. Será no Kórkora Park e virán Jorge, Pati, Anita, Pedirño, Silvia (os primos), Serguei, Sasha, Marcos, Miguelito, Xoán, Alexia, Yaiza, Javi, Lara e algún máis. Existe todo un gran debate sobre as festas de aniversario en centros de festas infantís si ou non, que dá para moitas sobremesas animadísimas, sobre todo se os participantes están divididos entre progres e carcas (agora chamados en xeral conservadores), mais como neste momento o pasades tan ben neses lugares, e cadra tamén que podemos dispoñer dos cartos precisos para facelo, encántanos que o desfrutes cos teus amigos.
Papá érguese mañá ás cinco da mañá e eu ás seis e media. Teño ganas de lembrar algunhas cousas máis sobre este día mais vai ter que esperarar o blog até mañá.
Chuzame! chuzame -

112634574770731979

Sábado, Setembro 10th, 2005
O día 12 o pelacho cumpre 5 anos e hoxe recibiu como presente dos tíos o xogo de Monstruos S.A. e o de Nemo. Como é lóxico, estaba desexando chegar a casa para experimentar mais, como lle dixen que lles viña ben aos dous troulear un pedazo pola praza, accedeu sen problemas. Cando chegamos a casa por fin puxo os Monstruos el só e non pediu axuda até que comezaron a “matalo”, como el di. Entón decidiu probar o de Nemo con euforia até que se viu no mesmo punto. Mais, como o resultado era o mesmo púxose a chorimicar porque non axudaba e repetinlle que non o pensaba facer, que se rematas con facilidade un xogo porque che pasan as pantallas sen xogalas ti, logo vas perder a ilusión pola avebtura. Finalmente, e despois de repetir a mesma pantalla unhas trinta veces, conseguiche chegar ao seguinte nivel. Todo un logro.
Expliqueiche que cando desen as dez teríamos que desconectar a consola e que che pedía que non protestases porque o tería que facer de igual modo e cumpriches co que dixeras. A continuación, camiño da cama, dixécheme que te portaras moi ben todo o día e eu alegreime moito porque sei que cando o dis é de verdade.
Sempre teño a sensación de que escribo menos sobre a pelacha, pero é porque só ten quince meses e tamén porque o pelacho non ten acougo. Quedábame un detalle do outro día. Comentoume meu pai que unha tarde, entre os moitos paseos que dá pola casa dos avós, foi dar no baño porque lle gusta moito verse no espello de corpo enteiro. Tras unha morea de grazas e aloumiños á nena do espello, o avó díxoche que te despedises dela e dixeche adeus coa man. Mais cando andaras xa cinco ou sei pasos cara á sala, parache en seco e volveche para comprobar se realmente marchara. Levache sorpresa de vela alí de novo. Repetiche a proba unhas cinco veces e debéchela dar por imposível porque non volveche máis.
Andades os dous con catarro, a pelacha con mocos e o pelacho con resfriado intermitente, hoxe si, mañá non e así xa uns cantos días. O papá e máis eu andamos a piques de caer rebentadiños coa infección de gorxa que carretamos desde hai un par de días mais, se cadra, non acabamos de ter febre. Hoxe dubidei entre comezar a tomar antibióticos ou non, por iso de non abusar, pero botei contas dos anos que levaba sen levar á boca un mal Clamoxil e xa había vinte. Non creo que isto se poida chamar abuso. Lembro perfectamente que pillara unha gripe de cabalo que me quería deixar sen cantar no festival do instituto mais cuns bons pinchazos (daquela sempre te pinchaban cando tiñas febre) triunfamos cunha canción de Fuxan Os Ventos chamada Irmaus. Aquilo foi no curso 85/86, cando facía eu Terceiro de B.U.P.
Chuzame! chuzame -

112604434082765201

Martes, Setembro 6th, 2005
Estou a comer algo que non había cando era eu cativa: o surimi. Estou a comelo a pelo porque sempre picoteo cando preparo ensaladas e sempre quedo con gana del. Así que hoxe estou a experimentar a ver a que sabe cando comes unhas cantas barras sen acompañamento e polo de agora, psche-psche. Digamos que se traga, sen máis. Encántame experimentar, especialmente cando se trata de cousas tan nimias como disparatadas e, para arrepío de miña nai, xa o facía de ben pequena. Lembro con claridade a súa expresión de horror cando lle dixen que a colonia de fungos contida nun envase de inxección que ela estaba a soster era un experimento consistente en encher o recipiente coa miña propia saliva e deixar pasar as semanas a agardar polas consecuencias. Ou cando desmontei coa axuda da fivela do meu reloxio o afialapis e cortei coa coitela todas cantas lorzas tiña o vestido de cadriños brancos e vermellos que levaba. Aprendín a palaba lorza aos seis anos. Ou cando fixen a miña primeira saída sen pais: fun ao circo co "catecismo". Lembro que meus pais me deran cinco pesos, vintecinco pesetas, algo así como quince céntimos para poder mercar algunha larpeirada. Á volta preguntáronme en primeiro lugar se gostara do circo, ao que respondín que si. A segunda pregunta foi que mercara cos cinco pesos. Unha tableta de chicles Adams de limón (en láminas, non en forma de pastilla que, a todo isto, xa existían). E onde van? Esa pregunta descolocoume por completo, a resposta era un experimento que xa era pasado. Como que onde van? Eran cinco chicles, dixo meu pai, terás comido un, dous, pero non cinco, non? Claro, nunha época en que aínda nin se inventara a palabra "chuche", quen concibía que se puidesen comer cinco chicles seguidos? e moito menos se eran Adams, tan escasos como hoxe en día un CD orixinal. Cominos. Todos xuntos? Non, de un en un. Até aqui ía librando, non pasaba de ser un exceso comprensível. E que fixeche con eles despois? Despois de que? preguntei intentando gañar tempo. Cando xa non os querías, concretou meu pai impecável, deixándome sen escapatoria. E aí non puiden mentir e confesei que os tragara todos, un atrás do outro. E meus pais puxeron unha cara, mestura de asombro e contrariedade a partes iguais e preguntaron os dous: Para que? Para ver que pasaba. E que pasou? Nada, parece que non pasou nada. Pero como se che ocorren esas cousas? pero ti ves alguén que faga esas cousas? A min sempre me collía por sorpresa que se puidesen alarmar tanto por asuntos de tan pequenas consecuencias, por disparatados que estes fosen.
Para o pelacho a palabra experimento soa a maxia. Está convencido de que acabará dando coa proporción axeitada que fará que a mestura de café, auga, cervexa e cocacola (os restos líquidos da mesa de todos os días) estoupe. Cre isto coa mesma seguridade que non o deixa crer nos Reis Magos, igual que non existe Superman (para que non trate de imitalo) nin os vampiros (para que non teña máis pesadelos con eles) nin existían, pensaba el, os ladróns até que caeu na conta de que, se nunca os ve, non é porque non existan senón porque se se deixasen ver serían capturados imediatamente.
Chuzame! chuzame -

112553024231158311

Xoves, Setembro 1st, 2005
Moito corrín atrás da pelacha pola praza. En canto me poñía a mirar onde podía andar o pelacho se había uns minutos que non o vía, a pelacha xa estaba a varios metros de min con cara de intrépida. O día de hoxe fíxoseme curto. Baixamos a bici mais o pelacho aínda non se animoi a soltarse. Tamén entramos no Corte Inglés a mirar xoguetes para o aniversario do pelacho. Parece que a idea do monopatín vai callando.
Chuzame! chuzame -
Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader