E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

« 112794593937998712 | Home | 112906540491104787 »

112829031218721812

By Leco | outubro 2, 2005

Hoxe tivemos a festa de aniversario do pelacho. Entre todo o debate en torno á celebración de aniversarios infantís en locais/empresas dedicadas a este tipo de actividades, chega un momento en que os pelachos son convidados ás festas dos amigos e, ou ben decides que non vai asistir a ningunha porque el ou ela non vai facer nada semellante, ou vai ás dos amigos e organizas un evento similar para a data do seu aniversario, e hai que dicir que o pasan a tope. Na festa o noso pelacho xuntáronse uns quince nenos e nenas; algo así como dez amigos e amigas da clase e os primos. Pasárono en grande, incluso os primos pequenos e a nosa pelacha, que devecía por entrar a cada momento para atrincherarse na casiña en miniatura ou brincar na cama elástica. Martín abriu a cabeza dunha caída a última hora pero ao final non foi máis que unha pequena mais escandalosa feridiña.
A pelacha desfrutou tanto como o irmán e tivo un detalle que me deixou realmente abraiada: Cando chegou Vera, a nai dun dos amigos do pelacho, foi "falar" con ela. Sinaloume a min ollando para ela e eu dixen, si, nena, son mamá; e a continuación sinalouse a si mesma tocando coas súas dúas manciñas o peito e asentindo coa cabeza. Estaba a explicarlle que eu era a súa mamá. Polo momento non ten moita vontade de falar, nin nos chama mamá nin papá, aínda que sabe pronunciar ambas as dúas palabras, nin accede a repetir nada do que normalmente lle dicimos. Só di non cando o precisa, sistematicamente cando lle preguntamos se fixo caca, se quere que a sentemos na cadeira, etc.
A de hoxe foi unha tarde moi intensa. Por unha banda teño a sensación de que non puiden estar con ninguén, atender a ninguén, mais por outra teño a sensación de ter pasado unha tarde dedicada aos pelachos, propios e alleos, rodeada de bos amigos.
Non faltaron, como non podía ser de outro modo, as tías adoptivas M. e D. e foi curioso que varios dos nenos choraron ao ter que marchar porque se lles fixera a festa demasiado curta.
Chuzame! chuzame -

Topics: Sen clasificar |

2 Responses to “112829031218721812”

  1. 0day porno free Says:
    xuño 20th, 2007 at 8:29 pm

    xxx video…

    great post…

  2. free porn video Says:
    xullo 3rd, 2007 at 7:30 pm

    free xxx video…

    i agree…

Comments

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader