O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for Novembro, 2005

« Previous Entries Next Entries »

113269914296352004

Martes, Novembro 22nd, 2005

O regreso ao cole do pelacho está a dar nuns días unha miga revirados. Anda a recibir castigos seguido, mais disto quero reflectir con tranquilidade nun momento en que non estea a dez minutos de me meter na cama. O que quería lembrar agora é que hoxe, cando voltamos para casa desde o parque, e […]

PRIMEIRO DIÁLOGO COA PELACHA

Luns, Novembro 21st, 2005

Seu irmán ensinouna, como non, a dicir caca. Hoxe no carro tivemos o que se pode chamar o noso primeiro diálogo. Con mimo: -Mamá. -Ai, como gosto de que me chames mamá. -Mamá! -Gosto un montón de que me digas mamá. -Caca! -Como que caca? -Mamá caca! -Como que mamá caca? Oh, caca non, pelacha. […]

113245049483367748

Domingo, Novembro 20th, 2005

O pelacho leva unha semana na casa con antibióticos. Xa lle fai moita falta troulear na rúa pero por outro lado está moito máis sosegado cando non vai ao colexio. Non son desas nais que andan a protestar seguido nos colexios dos fillos, de feito nunca o fixen, mais tamén é verdade que non gosto […]

LA TELEVISIÓN ES NUTRITIVA

Venres, Novembro 18th, 2005

Pola rúa de Chile. Pasa un camión do Corte Inglés e di o pelacho: -El Corte Inglés: Festival de complementos! Como quen cae na conta de algo que tiña esquecido. É case a hora da cea, o papá está nunha xuntanza de veciños cun construtor para ver se se chega a acordo para derrubar e […]

113205902413850187

Martes, Novembro 15th, 2005

Caemos na conta de que aínda non comentaramos co pelacho que as nosas amigas M e D casaban, supoño que porque falamos con frecuencia da voda e porque os pelachos non van vir connosco esta vez. -Non sei se te diches conta de que ultimamente falamos moitas veces da voda de M e D. -ahá […]

« Previous Entries Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Histórico