E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for decembro, 2005

Next Entries »

113360447459037021

sábado, decembro 3rd, 2005
Vou falar coa profe do pelacho. Dime que meu fillo é tan listo como lacazán. Con todo, mellorou moito desde o ano pasado nos aspectos que peor leveba: debuxar e colorir.
-Xa ves que debuxos me fai. Só monstros, e eu dígolle: pero isto é unha trapallada. -É que os monstros son así. -E non o saco dos monstros.
A profe contoume que non hai quen o manteña sentado e eu cóntolle que tamén eu era así, e que até que me chegou o momento de madurar non fun quen de me centrar no que me desgustaba, o cal non quita para non sexamos conscientes de que hai que axudalo a asentar día a día.
Dixo que moitas veces ten de virar a cabeza para que non a vexa rir das súa ocorrencias e aí é cando me dou conta de que lle ten pillada a agulla de marear. Polo que, indirectamente, a informo de que nós sempre cumprimos os castigos que lle anunciamos porque se finximos esquecelos, fará unha máis gorda en canto se lle pase pola cabeza. Tamén lle digo que até hai pouco non podía evitar darse o gustazo de recriminarnos con sorna que nos tiñamos esquecido, mais agora xa ten a picardía de non dicir nada porque descubriu que lle compensa conterse; porque a alegría da chulería é a antesala da penitencia :-)
A profe sorrí de medio lado e fai unha declaración de intencións: -Agradézoche moito o que me dis. Non lle porei castigos que non estea disposta a cumprir.
Polo demais coméntame que o pelacho ten un vocabulario e unha expresión excepcionais e que lle encantan as actividades de lectura, lóxica e cálculo, ademais da xinasia, claro. Que non precisa razoalas, veas directamente. É por iso que lle amola tanto a súa falta de madurez en cuestións disciplinares e de traballo rutineiro. Non entende que lle custe tan pouco o difícil e tanto o fácil. Mais o difícil e o fácil non son categorías obxectivas.
Chuzame! chúzame -

113347387129169009

xoves, decembro 1st, 2005

Conversa do primo do pelacho con súa mai:
-El lunes pondremos el árbol de Navidad, el Portal de Belén...
-¿Qué es el Portal de Belén?
-Es un establo donde nació el Niño Jesús.
-¿Y quién es el Niño Jesús?
-Pueeees... Jesusito...
-¿de mi vida?
-Eeeese mismo!
-Aaah!
e mudaron de tema

Chuzame! chúzame -
Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader