E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Xaneiro, 2006

« Previous Entries

REIS PELACHA 2006 - 4

Martes, Xaneiro 31st, 2006

Efectivamente, a tía T. acaba de atopar os teletubbies que vos trouxeron os Reis á prima P. e a ti.
Chuzame! chuzame -

REIS PELACHO 2006 - 3

Luns, Xaneiro 30th, 2006
Isto é un traxe do PowerRanger vermello e un escorpión-robot similar ao teu. Foi simpático porque levabas tempo a pedirnos que che comprásemos un escorpión-robot e sempre che diciamos que non existían. Mais ben se ve que os Reis Magos todo o poden...

Chuzame! chuzame -

REIS PELACHA 2006 - 3

Domingo, Xaneiro 29th, 2006


O teu non é de Pooh pero é semellante a este. Isto si que foi un regalo estrela este ano.

Chuzame! chuzame -

REIS PELACHO 2006 - 2

Sábado, Xaneiro 28th, 2006

Levábala pedindo dous anos enteiros e mil veces che dixeramos que non tiñas aínda idade. Mais este ano non fomos quen de nos resistir. Falamos moito do coidado que teriamos de ter para que non te enganchases demasiado, de canto tempo sería prudente que xogases con ela. Se sería bo gardármola nós e que a pedises cando quixeses xogar... E, como tantas veces, decidimos que habería que ir vendo sobre a marcha porque contigo os cálculos costuman fallar.

Que atinados andamos. É un xoguete máis, que apañas durante uns minutos cando te lembras del e que, polo momento, non vimos necesidade de quitarche de diante.

Aos Reis da casa pedícheslles o xogo das Witch, ao tío M. o de Pokemon Esmeralda e trouxéronche os dous. Como ningún deles era para xogar na pantalla táctil, hai uns días levámoste ao videoclub do bairro para comprares un cos cartos que tiñas aforrados:

-Pero lo pido yo, eh!

-Desde logo!

-Hola, ¿Tienes el juego de Super Mario Tenis?

-Pues no. Ese no lo tenemos.

-Pues entonces dame otro cualquiera.

Finalmente, tras razoarmos contigo que habías de pensar primeiro o que querías, levaches un de Kirby. Polo momento é o teu preferido.

Chuzame! chuzame -

REIS PELACHA 2006 - 2

Sábado, Xaneiro 28th, 2006

Talvez nuns anos nos pareza o máis normal do mundo, mais hoxe non deixa de sorprenderme poder atopar no Google un triciclo practicamente igual ao que che trouxeron os Reis este Nadal. No teu a barra con asa é dobre; no resto é similar. Até o momento non lle fixeches caso ningún. A ver se pasa este frío polar destes días e podemos saír con el á rúa dar unhas voltiñas.
Chuzame! chuzame -
« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader