Archive for Abril, 2006
« Previous Entries114614816835535301
Xoves, Abril 27th, 2006
-¿Me enseñas a decir las cosas de otra manera?
-Como, doutra maneira?
-Los camareros dicen las cosas en otro idioma... que se llama jerga, verdad?
-Pois, que queres que che diga, agora mesmo non me fago idea.
chuzame - COCHES DE CHOQUE E/OU TARTARUGA?
Mércores, Abril 26th, 2006O domingo pasado combinamos con D., F. e S., que xa fixo un aniño, e vímonos nos xardíns de Méndez Núñez. Eles viñeron acompañados dos avós de S., que estaban a pasar unha tempada na Coruña.
Mentres ti andabas nos coches de choque os avós de S. mercaron globos para as pequenas. O da pelacha marchou polo ar arriba en cousa de dous minutos e foisubstituído por unha tartaruga de plástico chea de ar, non de helio esta vez.
Cando voltaches dos coches de choque:
-Oh, pelacha, ¿me prestas la tartaruga?
-Non!
-Anda, pelacha, déjamela un poquito.
-Non!
Entón, cinguíndote polos ombros, apartámonos dos mais e expliqueiche:
-Os avós de S. mercaron estas cousas para as nenas porque son pequenas. Ti xa tiveches moitos globos de cativiño.
-¿SÍ? Dixeches como sen lembrar o pasado tan próximo.
-Pois! Non houbo globo para ti porque pensamos que ti preferías os coches de choque... en cambio elas non poden montar nos coches.
-¿No?
-Non. Son demasiado pequenas. E ademais has de andar canto queiras coa tartaruga en canto a pelacha se farte dela.
-¿Sí? ¿Y cuánto...?
-En cinco minutos, xa verás.
-¿Sólo cinco minutos?
-Como moito! Enténdelo agora?
-¡Sí! Dixeches liberándote do meu brazo e botando a brincar como case sempre cando anda pola rúa.

chuzame - Ola Mundo!
Mércores, Abril 26th, 2006Bemvido a blogaliza.org. A tua primeira post. Podela editar, ou borrar. Faino, e comeza a participar no blogomillo!!
chuzame - DIÁLOGO DE OLLOMOLES
Martes, Abril 25th, 2006-¿Sabes lo que es una sinfonía?
-Dimo ti.
-Pues es uno que toca la guitarra.
-E iso quen cho dixo?
-Mi profe de gimnasia.
chuzame - 6º DE SEPARACIÓN
Domingo, Abril 23rd, 2006
Acabo de actualizar o xogo.Comezamos en cinco días
chuzame - « Previous Entries