Archive for abril, 2006
« Previous Entries Next Entries »114556549096307462
xoves, abril 20th, 2006 -¿Hasta cuántos años cumple un niño?
-Queres dicir cantos cumpre até que deixa de ser neno?
-Eso.
-Pooois... como 14 ou 15...
-Pues yo creo que más bien 16.
-Iso depende do sentidiño que teña.
-¡Pues yo a los 16 seguiré siendo un niño!
-Pobre de ti!
-¡Jajajajajaja! Seré muy grande pero seré un niño de 16.
-Ti verás, pero aos 16 os rapaces con sentidiño xa van de acampada sós cos amigos, compran a súa roupa e moitas outras cousas...
-Yo seguiré siendo un niño
-Ti pásalo moi ben sendo un neno, non?
-Sí.
-Queres dicir cantos cumpre até que deixa de ser neno?
-Eso.
-Pooois... como 14 ou 15...
-Pues yo creo que más bien 16.
-Iso depende do sentidiño que teña.
-¡Pues yo a los 16 seguiré siendo un niño!
-Pobre de ti!
-¡Jajajajajaja! Seré muy grande pero seré un niño de 16.
-Ti verás, pero aos 16 os rapaces con sentidiño xa van de acampada sós cos amigos, compran a súa roupa e moitas outras cousas...
-Yo seguiré siendo un niño
-Ti pásalo moi ben sendo un neno, non?
-Sí.
chuzame - Aula de física
xoves, abril 20th, 2006
-¿La luz traspasa el cristal?
-Si, claro.
-Pero en un espejo rebota y se convierte en un rayo, pero poco potente, que no mata a nadie ni nada.
chuzame - 114556689247889880
luns, abril 17th, 2006
Esta mañá enfadeime contigo, pelacho. Non tiñas gana ningunha de voltar ao cole despois das vacacións e levantácheste máis despistado que de costume. Cando xa estabas vestido e peiteadiño fuches para a sala, como todas as mañás, ver uns poucos debuxos animados mentres eu levantaba a pelacha. Como de costume díxenche que tomases o Actimel con coidado mais, cando entrei na sala coa pelacha, ti estabas de pé frente á tele co envase na man e todo o iogurte repartido entre os pantalóns e o chan. Creo que o que me cabreou foi que seguises a ver a tele como se nada, sen avisar de que che tiña caído.
Díxenche que parecías un bebé e pareceuche fatal. Dixeches que non a berros. Entón eu díxenche que se non o eras non actuases como se o foses.
De alí a un pouco arrepentinme moito de terche falado así. Creo que fun dura de máis. Pero é que ás veces me superas
De alí a un pouco arrepentinme moito de terche falado así. Creo que fun dura de máis. Pero é que ás veces me superas
chuzame - LAWRENCE DE ARABIA
domingo, abril 16th, 2006
Unha tarde de hai catro anos e pico, sen saber ben por que lle pasou nese momento pola cabeza, o papá contouche por primeira vez o conto de Lawrence de Arabia, pelacho, cando te sacaba da ducha embrullado nunha toalla. Hipnotizoute de tal maneira o contacto co deserto, que durante moito tempo o papá volveuche contar a historia día tras día ao te sacar da ducha. Mais da mesma maneira que Awrence (Orens, como o chaman os árabes no filme de D. Lean) asomara no noso cuarto de baño unha tarde de ducha, desapareceu outra tarde e non se volveu saber del.Hai uns meses, cando o galope do seu camelo volveu resoar nos oídos do papá comezou a cho contar a ti, pelacha. E desde ese día, todos.
A vosa historia comeza ao entrardes na toalla, talvez pola forma semellante a un turbante que suxire sobre as vosas cabeciñas. Papá cantaruxa o fragmento máis coñecido da banda sonora de Maurice Jarre: naaá-naaa—na-ná-ná-ná-naaá-naaa--na-ná-ná-ná-naaá-naaa—na-ná-ná-ná-naaaaá. E arrinca o conto (que o papá acaba de escribir para vós):
LAWRENCE DE ARABIA
[O pelacho ou a pelacha no colo, abrigados pola toalla, a verse comigo no espello, cantaruxando a banda sonora da peli e mergullando o corazón na seca e quente area da inhóspita Arabia]
Lawrence de Arabia camiñaba polo deserto co seu camelo... [dicimos que non coa cabeza] e non tiña auga. O sol queimaba a súa pel, o vento do deserto [asopro levemente o cabelo dos pelachos] abrasaba o seu cabelo, e Lawrence de Arabia [dicimos que non coa cabeza] non tiña auga. Entón, desesperado, ergueu os brazos [erguemos os brazos] para o ceo e clamou: “Meu Deus, axúdame, que morro!”. Ao baixar os ollos observou no horizonte a cor verde das árbores do deserto... e pensou [tocamos con dedo índice na fronte]: “Onde hai árbores hai... [xuntos:] auga, e onde hai auga hai... [xuntos:] vida! Corre, corre, meu cameliño, [camiño do baño ao cuarto dos pelachos imitando un trote cansino de camelo sedento] que alí hai un oasis!”. Cando chegaron, esgotados, viron un río de augas transparentes de dispuxéronse a beber: Lawrence sorbía auga da man [facemos que bebemos do cóncavo da man]; o camelo aplicaba directamente o fociño na auga [imitamos o camelo movendo a cabeza para adiante unha e outra vez]. E así, mais unha vez, Lawrence de Arabia superou a dura proba de atravesar o deserto.
chuzame - 114505763138941015
sábado, abril 15th, 2006
-¿El hombre del tiempo dice el tiempo que él quiere que haga o el que va a hacer porque lo sabe?-Di o que sabe, porque o estudan observando o ceo e con aparellos. Non é o tempo que decide el senón o que as persoas que se dedican a iso pensan que imos ter.
-Ah.
(Por certo, esta é a previsión para hoxe segundo a CNN)
chuzame - « Previous Entries Next Entries »







