Archive for Maio, 2006
« Previous EntriesVerde que te verde
Mércores, Maio 31st, 2006 
No niño dos pelachos hai catro billas de mocos verdes que deitan caudal sen parar. Estamos todos igual e, polo visto, é debido á primavera (cando acontece en inverno disque é cousa do inverno). Os pelachos andan bordeando a bronquilite mais parece que a forza de ficarmos na casa afastados de correntes perversas a cousa non irá a maiores.
Ao papá desfixéronlle venres pasado unha pedra no ril e pese a que ficou unha miga escangallado durante a fin de semana, xa o temos case novo outra vez. Eu fun por fin a Vigo para pasarlle a ITV ás miñas costas en contra do criterio de Besbellinha e xa vou mellor tamén.
Este sábado montaremos o tenderete en Coroso para a acampada 2006, que inauguraremos oficialmente en canto poidamos. QUE GANIÑAS DE IR Á PRAIA!!!!
chuzame - Palabróns
Martes, Maio 30th, 2006O pelacho botou varios días a dicir "puta" a voz en grito e sen vir a conto cada vez que lembraba que existía esa palabra. Nunca nada lle dixemos. Agora di ás veces "hostia" e "joder" cando quere mostrar fastidio porque algo non lle sae como el quere e tampouco lle estamos a dicir nada ao respecto.
Eu nunca uso estas interxeccións con eles diante, supoño que porque os meus pais non o facían e eu non collín o costume de dicilas diante deles, a pesar de que noutros contextos até desfruto xurando e dicindo as maiores barbaridades que se me ocorren.
O papá porén, sen chegar a ser un gran palabroeiro, si os bota indiscriminadamente, igual que agora o noso fillo. Non nos parece algo que debamos reprender en termos absolutos, pois non deixan de ser palabras, mais ante a práctica que está a adquirir estamos a pensar que podemos indicarlle en que contextos son máis adecuados, como tantas outras cousas.
chuzame - No carro cos pelachos
Martes, Maio 30th, 2006-Mamá, ¿cuántos años tiene la pelacha? ¿Uno?
-Ten un pero vai cumprir dous nuns días.
-Pues yo quiero regalarle un tambor pequeñito... Dixo o pelacho, a falar tan baixiño como podía:
-GANDE!!!! Dixo a pelacha.
-Escoitoute! Agora xa vai saber o que lle vas regalar.
-Naaa... seguroque no se acuerda!
chuzame - Novo post do pelacho
Domingo, Maio 21st, 2006Funlle dicindo como tiña que facer: baixar a foto que el fixera desde a cámara de fotos ao computador, gardala no disco duro, entrar na administración do seu blog e subir a foto. O texto piqueino eu ao seu ditado. Ficou contentísimo co seu post.
chuzame - Os pelachos contan até 20
Sábado, Maio 20th, 2006Non exactamente pero case.
chuzame - « Previous Entries







