Archive for Xuño, 2006
« Previous EntriesSobran as explicacións
Xoves, Xuño 29th, 2006Os seus papás, nada futboleiros, estaban a ver na tele o partido de España de onte cando o primo J. lles apagou o aparello.
-Anda, no apaques la tele, que queremos ver a la Selección Española.
-¿Y qué es la Selección Española?
-Pueeeeeees... todas las personas del mundo viven en algún país. Nosotros vivimos en uno que se llama España y entonces cuando se hace...
-Vale, enciendo la tele, enciendo la tele!!
chuzame - Canto custan oito fotos tamaño carné?
Martes, Xuño 27th, 2006Ás veces os trámites saen tortos e non hai modo de os endereitar. Cando saímos da casa sobre as seis para facer unhas simples fotos para a mtrícula do pelacho no novo colexio, pensamos que aínda ficaría tempo para patinar, para pasar pola AZ do Suso e facernos cun suculento boliño para a merenda do pelacho, quen gosta de cando en vez de merendar fóra.
Como as tendas de fotografía que eu coñecía tiñan pechado ultimamente, non nos quedou outra que entrar no English Cut e preguntar. O departamento de fotografía de estudio non existía e mandáronnos ao segundo soto, onde atopariamos un fotomatón. Ao chegarmos abaixo tras unha longa espera polo ascensor decateime de que tiña deixado os cartos no peto do pantalón de onte, mais non era un gran problema porque lembraba que nese mesmo andar había dous caixeiros. Un deles serviría porque non era da mesma caixa que a miña conta mais si da mesma rede. A primeira sorpresa foi a comisión de 3,01 € que me anunciaron que me cobrarían mais ante a posibilidade de emprender a peregrinaxe de volta co pelacho a camiñar e a pelacha na súa cadeira e o tempo que nos levaría, calculei que sería quen de dalos por ben gastos.
Tirei 20 € para unha máquina que non aceptaba billetes e dirixímonos á caixa para trocar. Despois de 15' de espera conseguimos dúas moedas de 2 €, dúas de 50 c. un billete de 5 € e outro de 10'.
O tallo da cabina estaba pasado de rosca e ao pelacho non lle saían nin os pelos na foto. Sentei eu no tallo co pelacho no colo levantándoo a pulso, co conseguinte tremer de brazos e tratando de agacharme detrás del, baixando a cabeza canto daba. Deixamos a pelacha fóra mais a golpe de cadeiras foi arrimando o seu carro até a entrada e abriu a cortina xusto no momento dos disparos. A cor estaría arruinada...
Non podiamos parar de rir cando saíron as fotos aos poucos segundos. O meu cabelo rizo sobresaía por ambos os lados da cabeza do pelacho, que saiu movido pola inseguranza do meu pulso levantando vinte quilos en seco durante máis segundos dos que podía, e converténdoo de súpeto nun curioso exemplar de cachorro humano con profusa coleta esgallada, que sería propia dun fillo do cantante dos Mojinos Escozíos.
Efectivamente as fotos non valían, e o pelacho aínda preguntaba por que!
Voltamos á cola da caixa pois xa non tiñamos trocos para a máquina outros 15' e voltamos ao fotomatón. Esta vez deixamos a pelacha máis lonxe, calculando que non lle dese tempo a chegar até nós antes de que se fixesen as fotos. O pelacho púxose de pé, medio anicado sobre o tallo en equilibrio moi inestábel porque non daba parado de rir. Tiven que sostelo por un brazo mentres a pelacha, teimuda, se aproximaba a nós.
Como non, o meu brazo saiu tamén nas fotos mais consideramos que estarían ben de máis logo duns pequenos retoques de tesouras.
chuzame - Azul vs. rosa
Sábado, Xuño 24th, 2006
Que se as nenas falan antes, que se os nenos precisan pelexar e máis xogo físico, que se as nenas son máis listas e desde ben pequenas teñen instinto maternal, por iso gostan das bonecas. Que se os nenos son máis desordeados pero máis nobres porque as nenas, xa se sabe, son máis lerchas...
Meus pais nunca me fixeron sentir rara nin máis distinta de ningún otro neno que de ningunha outra nena.
Eles saben que lles estarei eternamente agradecida.
chuzame - Las malas lenguas, que xa funcionan
Venres, Xuño 23rd, 2006Cando onte me puxen a cantar ao que a vestía, a pelacha fíxome ver que ía sendo hora de que renovase a música do carro.
chuzame - O pelacho presenta o seu cómic
Venres, Xuño 23rd, 2006O pelacho presenta o seu cómic no seu blog.
chuzame - « Previous Entries







