O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« Un día máis de cole para a historia | Home | A vaquiña polo que vale »

Óscar o rosmón vs. Gloria Fuertes

By Tati Mancebo | xuño 14, 2006

                                           

 

 

 

 

 

 

 

 

O primo J estaba a ver un capítulo de Barrio Sésamo protagonizado por Óscar o rosmón que, para quen non saiba ou non lembre é o monstro verde que vive nun cubo do lixo e que gosta das cousas que resultan feas, rotas e desagradabeis para o resto dos veciños. Aquel día en cuestión levantouse un gran vento que fixo voar árbores, vacas, ovellas e cilistas abraiados de seren desprazados polas forzas da natureza, día por tanto horroroso para todos agás para o Óscar, que había tempo que non se divertía tanto. Entón o primo J. preguntou: 

-Y si vuelan hasta las vacas con el viento, ¿por que Óscar el gruñón no sale volando también? 

-Pues tienes toda la razón del mundo, díxolle súa nai, debería, debería... 

Horas máis tarde e a varios quilómetros de distancia, o pelacho e eu dirixiámonos ao colexio de mañá escoitando no carro un CD de adiviñas e contos de Gloria Fuertes que, para a miña sorpresa, o ten absolutamente engaiolado: 

Pelines y su amiga Coleta 

Pelines: 

– Coleta, 

te apuesto una raqueta 

a que nadie puede comerse 

en ayunas dos galletas. 

Coleta: 

– ¡Tú estás loco, 

cara foco!, 

¡claro que sí!, 

que en ayunas 

puedes comerte dos galletas 

y dos aceitunas. 

Pelines: 

–Te he ganado, Coleta, 

dame la raqueta. 

Y ahora solución solucionera: 

Sólo te comes en 

ayunas la primera. 

Gloria Fuertes, Un cuento, dos cuentos, tres cuentos, Madrid, Susaeta, p.6. 

Entón o pelacho dixo: 

-¿Y qué es en ayunas? 

-Significa sen ter comido nada. Entón, se comes unha galleta, cando vaias comer a segunda xa terás comido a primeira e a segunda xa non será en xexún, que é como se di en galego. 

-¡JA! Pero me puedo comer las dos juntas, o tres, o las que me quepan en la boca. Y si las como todas juntas sí que las como en ayunas. 

-Pois tamén tes razón, pelacho! 

Chuzame! chúzame -

Topics: Pelachos |

3 Responses to “Óscar o rosmón vs. Gloria Fuertes”

  1. homedareia Says:
    xuño 15th, 2006 at 12:35 am

    XD choro coa risa! este pelacho é un fenómeno!! :D

  2. Manuel Rivas Says:
    xuño 15th, 2006 at 1:15 am

    Este pelacho éche máis listo ca fame. Tenme abraiado cas súas historias.

  3. Marinha de Allegue Says:
    xuño 15th, 2006 at 11:06 pm

    O pelacho é listo coma un allo e áxil coma un esquío.

    Unha aperta grande.
    :)

Comments

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader