Archive for Xuño, 2006
« Previous Entries Next Entries »help!
Xoves, Xuño 22nd, 2006Non sei que pasa pero creo que non me funciona a opción de comentarios porque cando intento abrila sáeme unha mensaxe que me manda premer un botón para activar un tal control x mais nada acontece cando o fago. E ademais non podo editar as entradas ben porque só me aparecen en código html e non son moi experta no asunto. Se alguén ten idea do que pode suceder agradecería suxestións que, como creo que non poderán entrar nos comentarios, me podería mandar por email a: leonorcombing@yahoo.es. Obrigadiña!
chuzame - Unha mamá máis…
Mércores, Xuño 21st, 2006 
-Yo quería tener una mamá más...
-Máis que, pelacho?
-Nada, nada.
-A ver, máis que?
-Nada, nada!
-Podes dicir o que queiras, non ten importancia ningunha, de verdade
A ver, ti querías ter unha mamá máis...?
-No, nada, que me gusta la que tengo
-Pois agora xa teño eu moita curiosidade. Aínda que teñas mudado de opinión, que ías dicir?
-Pues... iba a decir una mamá más deportiva...
-Hahahahahaha! Claro, ti dilo porque, como ultimamente ando coas costas moi fastidiadas, non te collo no colo nin me ando tirando a rolos seguido, non?
-Si.
-É que a pelacha hai moi pouco tempo que camiña soa, que sobe as escaleiras soa... e aínda teño as costas moídas do esforzo que fixen con ela cando aínda non camiñaba nin se apañaba soa. Pero en pouco tempo me irei recuperando e xa teremos tempo de andar a rolos a rachar. E ti sigue dicindo as cousas como agora, que nunca paga a pena deixalas dentro
chuzame - Entomofaxia
Martes, Xuño 20th, 2006 
-Las plantas carvívoras... ¿Dónde tienen el polen?
-Supoño que no mesmo lugar que as que non son carnívoras, nos estambres. Pero, por se é o que estás a pensar... as plantas carnívoras non teñen dentes.
-Iso é nos debuxos animados e nos contos nada máis.
-¿Y cómo comen a sus presas?
-Pois as presas quedan atrapadas nunha substancia pegañenta que desprenden as plantas e que, máis tarde, serve tamén para desfacer os insectos que fican atrapados. E como os insectos son certo tipo de carne, por iso se chaman plantas carnívoras, porque á súa maneira comen carne.
-¿Y nosotros podemos comer carne de esa algún día?
-É que aquí non temos costume de comer insectos como noutros lugares.
-Y ¿Dónde comen insectos?
-Pois por exemplo en algunhas partes de África.
-¿Podemos ir a África?
chuzame - A razón como aos tolos
Luns, Xuño 19th, 2006Iamos no carro para casa, a brincar os uns cos outros, cando a pelacha dixo:
-Tententa!
-Setenta? setenta que?
-Noon. Tententa!
-Sesenta?
-Noooooon. TENTENTA!
-Oitenta?
-Si.
Non sabía eu a que se refería e morreu o conto. Chegamos a casa, de alí a un pouco chegou o papá e puxémonos a enredar os catro. Nisto a pelacha, ollando para seu pai, dixo de novo:
-Tententa!
-Que estás contenta, neniña? Díxolle o papá.
-Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii! Dixo, ollando para min. No carro dérame a razón como aos tolos!
chuzame - In media res III
Luns, Xuño 19th, 2006
-A los motoristas, que tienen moto, los persigue la mala suerte... Porque se pone a llover y se empapan, eh!
chuzame - « Previous Entries Next Entries »







