E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Xullo, 2006

« Previous Entries

Termómetro pelacho

Luns, Xullo 31st, 2006

temperatura.gifSegundo a pelacha existen tres temperaturas, aplicabeis a calquera materia, pero en especial á comida e ao asento do carro cando este queda ao sol: Pema, tente e tentiño. As dúas primeiras teñen connotacións negativas e desagradabeis, a última é a boa.

Chuzame! chuzame -

Nomenclatura. Unha do primo J.

Luns, Xullo 31st, 2006

vaca_nomenclatura.jpg

-Abuela, ¿por qué tú a mí no me llamas nieto... si yo a ti te llamo abuela?

Chuzame! chuzame -

Segredos e videoxogos

Domingo, Xullo 30th, 2006

gossip.jpgO venres pasado marchamos para Coroso, luns de mañá para a aldea en festas e mércores voltamos para casa. Onte, venres de novo, marchamos para a praia outra vez coa idea de ficarmos até luns mais a chuvia tróuxonos de novo para Coruña despois do almorzo.

Un destes días que pasamos pola casa entre tantas idas e vindas petou á porta unha veciña coa intención de informarnos de que unha outra veciña, suspecta de apropiación indebida do pecunio comunitario, estaba libre de culpa, pois viña de preguntar no banco confidencialmente a un seu amigo se tiña retirado os fondos ou non. Por esta razón consideraba que a convocatoria de xuntanza veciñal carecía de sentido. Teño que dicir que aínda que captei á primeira todo o que me contou, non lle debeu parecer a miña actitude suficientemente empática porque entrou en bucle e contoume exactamente o mesmo catro veces seguidas entre o balbordo dos pelachos a xogaren no cuarto contiguo. Cando rematou o cuarto clon da historia orixinal reparou nos cativos: -¡Ah, que bonitos están lo niños! A ver, que os doy algo para que compréis caramelos. Dixo abrindo o bolso. Por manterme dentro dos patróns sociais deste tipo de situacións pedinlle con simpatía que non lles dese nada, que non era preciso e obviamente non me fixo nin caso. Tendeulle ao pelacho un billete de cinco € e este, recolléndoo sen dubidar preguntoulle: -¿No tienes uno de diez? es que es justo lo que me falta para comparme el juego de la DS que quería... -¿Qué es lo que dice? Preguntoume a veciña. -Nada, nada, que moitas grazas. Díxenlle eu acompañándoa á porta tratando de conseguir con amabilidade que se gardase de relatarme a historia do seu bo amigo do banco por quinta vez. Sen dúbida a parte que máis a satisfacía lembrar e escoitar en voz alta, máis incluso que facerma escoitar a min, era esa de: -A ver, Javier, hombre. A ver si me miras qué pasa aquí con el dinero. Que me han dicho que esta mujer lo ha estado retirando pero, si ni siquiera estaba casada con el que era presidente de la comunidad, que en paz descanse. Así que me extraña mucho que pueda haber estado haciendo eso.

Así que xa saben: desconfíen sempre do compromiso de confidencialidade dos bancos e, se non descartan algún día cometer un desfalco comunitario, casen coas súas parellas, se non o fixeron xa, cando as fagan ostentar a presidencia da comunidade de veciños.

Chuzame! chuzame -

Non o podo crer

Venres, Xullo 21st, 2006

Dúas findes seguidas a Coroso e esta vez xa todos de vacacións. Imos gozar na verza todo o que poidamos.

Chuzame! chuzame -

Seres nocturnos

Venres, Xullo 21st, 2006

owl.jpg-¿Existen los seres humanos nocturnos?

-A que te refires?

-Quiero decir si existe algún ser humano nocturno...

-Pero a que lle chamas ti ser humano nocturno?

-Pues quiero decir un ser humano que duerme por el día y vive de noche.

-(Claro, que había de querer dicir... mais non creo que lle interesase moito saber da xente que vai de marcha) Hai xente que traballa pola noite e logo ten de durmir polo día.

-¡Pobres! Pues qué poco deben dormir.

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader