O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for xullo, 2006

« Previous Entries Next Entries »

Hora de deitarse

mércores, xullo 12th, 2006

crazy_clock.jpgO pelacho marchou hoxe para Riveira cos avós, os tíos e os primos en espera de que vaiamos nós tamén para a finde, se nada nolo impide, meigas fóra. Ten o firme propósito de deitarse tan tarde como llo permitan para poder alternar cos nenos grandes da parcela.

-Pues me voy a deitar muuuuuuuuy tarde... Las doce... hmmm... la una... Mamá, ¿Qué hora viene después de la una?

-As dúas.

-Pues entonces me voy a deitar a las tres!!!!

Chuzame! chúzame -

Nova proposta para o Blogomillo

mércores, xullo 12th, 2006

O que máis me abraia das novas tecnoloxías é a cantidade de posibilidades que nos abre cunhas pouquiñas ferramentas, permitíndonos levar a cabo ideas ou proxectos que até hai moi pouco estaban reservados a persoas altamente cualificadas.

Propóñovos un espazo para o troco de información da comunidade blogomilleira: un blog común co formato de preguntas e respostas, como xa fixeron outros a outros niveis, de ámbito local. Sentídevos libres para mudar a plantilla, engadir temas, incluír os links dos vosos blogs ou calquera cousa que se vos pase pola mente. Non é máis que unha ferramentiña. Se nos resulta útil usarémola e senón ficará no olvido como tantas cousas :)

CLAVES DE ACCESO:

Usuario: alguenmepodedicir

Contrasinal: seinoeu

Saúde!

Chuzame! chúzame -

NOVA XANTANZA DO BLOGOMILLO

luns, xullo 10th, 2006

mariscada.jpgAo fío do amigo inblogsíbel mais aberta a toda a comunidade, fica convocada unha nova xantanza do Blogomillo para o 30 de xullo. Máis detalles e formulario de inscrición na de Dorfun.

Chuzame! chúzame -

Feira mundial do e-book

domingo, xullo 9th, 2006

Co gallo da Feira Mundial do e-book ábrese o acceso libre a máis de 300.000 libros en pdf desde aquí. Hai xa logo dous anos que me fixen cunha pda pensando en utilizala basicamente para ler libros e lévoa máis que desquitada: é o suficientemente pequena para levala no bolso e aproveitar para ler nos momentos máis inesperados, na cama resulta moicómoda porque non hai nin que ter a luz prendida e non preciso levantarme para trocar un libro por outro cando o escollido non enche as miñas expectativas. Todo un acerto.

Chuzame! chúzame -

Cantas patas ten un patinador?

domingo, xullo 9th, 2006

dog-pluto.jpgAo pelacho encántalle patinar. Comezou cuns patíns de rodas en paralelo e cando se lle fixeron pequenos preferiu trocalos por uns en liña, que permiten rodar con máis liberdade por todo tipo de superficies. Onte baixei eu con el á tarde mentres o papá e a pelacha con amigdalite, o que nos deixou de novo sen podermos ir a Coroso, ficaban na casa a enredar con toda sorte de trebellos. Chegamos á praza e sentamos a calzar os patíns e as proteccións. No mesmo banco estaba sentada a dona do Tim, ambos veciños nosos, a falar cunha amiga duns sesenta anos, mais os tremendos armatostes que estaba a poñer o pelacho logo chamaron a súa atención.

-¡Anda! ¡Qué patines tan bonitos tienes! ¿Sabes patinar? (típica pregunta de adulto a neno)

-Sí, ahora ya no me caigo nunca.

-¿Me prestas a mí los patines un poco? (segundo tópico do tipo ¿me regalas a tu hermana? ¿La cuidas bien? ¿A quién queires más, a tu papá o a tu mamá?)

-Noooooo, que seguro que tu no sabes patinar...

-No, yo no sé, pero los quería para el perro.

-Es que sólo tengo dos...

-Claro que sólo tienes dos. ¿Y qué importa eso?

-(A rir) ¡Pues que yo sólo tengo dos patines pero el perro tiene cuatro patas!

Chuzame! chúzame -
« Previous Entries Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader