Archive for Agosto, 2006
« Previous EntriesIntimidade
Xoves, Agosto 31st, 2006A pelacha fala cada día máis e ela mesma se sorprende de todas as cousas que xa sabe dicir... á súa maneira: gusta si, gusta non, afonfoz (albornoz), apavés (outra vez), vitido (vestido), tenda pampaña, pampin Toroso (cámping de Coroso) e todas as que agora non lembro.
Como anda á voltas cos antibióticos para curar unha otite ten pouca gana de comer e decidimos botar man do biberón ás ceas por uns días. Hoxe, cando llo ofrecín, porque prefire tomalo ela soa sentada no sofá, fiquei mirando para ela, contemplando a súa pericia. Entón parou en seco e espetoume:
-Monestes non!
-Está ben, dixen eu a rir, tómao ao teu aire, que xa marcho.
chuzame - Un momento calquera
Martes, Agosto 29th, 2006De cativa, eu sempre me preguntaba de que falarían meus pais cando nós estabamos durmidos.
Eran as dúas da mañá cando fomos para a cociña fumar un pitillo e tomar un chupito. Ademais da botella de ron, esta vez o papá trouxo tamén a de herbas.
-Lembro as primeiras queimadas que faciamos polas noites en Coroso cando adolescentes. Eu sempre pensaba, desde logo deixar de ser nena para ter que tomar esta porquería...
-Hahahaha. Pero a de herbas é máis suave, moito máis que o ron. Non a queres nin probar?
-Non me gusta nin crúa nin cocida. En realidade, o ron é o único licor de que gosto.
-Sabes, houbo unha época en que na miña casa o viño se bebía en cuncas de barro.
-Polas unllas ou polos pés has de dicir de quen es!
-Por que o dis?
-Porque iso tivo que ser idea de teu pai e aquí ese tipo de ideas son sempre túas.
-Cando vaiamos a Portugal de camping cos pelachos habemos de traer o típico cacharro de barro de asar os chourizos ao alcol, como o que teñen meus pais. Asarémolos un par de veces, os pelachos quedarán abraiados e...
-...acabará envolto en follas de xornal, como outras cousas que temos aí arriba...
-...e non se volverá usar na vida. Moi ben o paso contigo.
-Moi ben o pasamos, é verdade.
chuzame - A pelacha e a Lúa
Martes, Agosto 29th, 2006
Estabamos para cruzar a rúa. A pelacha ía sentada na súa cadeira cando reparou na lúa, que se vía con claridade en pleno día:
-Lúa
-Si, pelacha, é a lúa. Respondeu o papá.
-Tocala!!!! dixo, esticando o brazo cara a ela.
-Ai, neniña, está moi lonxe...
chuzame - Voyeur
Sábado, Agosto 26th, 2006
-Mamá, ¿Algún día podré ver un centollo sin su coraza?
-bfjsss... Pois, que queres que che diga, meu rei...
chuzame - Interesante ferramenta
Venres, Agosto 25th, 2006A través dos amigos de librodenotas chego a unha interesante ferramenta chamada shortext que ofrece a posibilidade de pegar calquera texto ou ligar fotografías e convertelos nunha web de forma instantánea e sen necesidade de se rexistrar.
chuzame - « Previous Entries







