« A pelacha e a Lúa | Home | Intimidade »
Un momento calquera
By Leco | Agosto 29, 2006
De cativa, eu sempre me preguntaba de que falarían meus pais cando nós estabamos durmidos.
Eran as dúas da mañá cando fomos para a cociña fumar un pitillo e tomar un chupito. Ademais da botella de ron, esta vez o papá trouxo tamén a de herbas.
-Lembro as primeiras queimadas que faciamos polas noites en Coroso cando adolescentes. Eu sempre pensaba, desde logo deixar de ser nena para ter que tomar esta porquería...
-Hahahaha. Pero a de herbas é máis suave, moito máis que o ron. Non a queres nin probar?
-Non me gusta nin crúa nin cocida. En realidade, o ron é o único licor de que gosto.
-Sabes, houbo unha época en que na miña casa o viño se bebía en cuncas de barro.
-Polas unllas ou polos pés has de dicir de quen es!
-Por que o dis?
-Porque iso tivo que ser idea de teu pai e aquí ese tipo de ideas son sempre túas.
-Cando vaiamos a Portugal de camping cos pelachos habemos de traer o típico cacharro de barro de asar os chourizos ao alcol, como o que teñen meus pais. Asarémolos un par de veces, os pelachos quedarán abraiados e...
-...acabará envolto en follas de xornal, como outras cousas que temos aí arriba...
-...e non se volverá usar na vida. Moi ben o paso contigo.
-Moi ben o pasamos, é verdade.
chuzame -
Topics: leco |








Agosto 30th, 2006 at 12:52 pm
Aquí queda gardado para o futuro.
Agosto 30th, 2006 at 1:53 pm
Esa é a idea
Setembro 1st, 2006 at 10:21 am
Non hai nada máis auténtico que o próximo.
Setembro 1st, 2006 at 12:10 pm
Antes de empapelado convidade unha tardiña, hehe.