Archive for Agosto, 2006
« Previous Entries Next Entries »De volta na casa
Venres, Agosto 25th, 2006Esta semana pasamos os nosos derradeiros días de campistas deste verán. Fomos á praia até caer de cu. Temos as mans máis brancas que o resto do corpo de tanto untar os pelachos. O pelacho non parou na toalla nin un instante, sempre a correr de arriba para abaixo. Ser tan grande é toda unha vantaxe para que cativos dous e tres anos máis vellos ca el lle propoñan participar en novas aventuras a cada pouco. Con todo é ben fácil de ter localizado porque non apea os "manguitos" dun laranxa escandaloso, por se en calquera momento lle entran as ganas de se meter na auga por enésima vez. A pelacha, que nas estadías anteriores nin quería pisar a area e era quen de pasar unha hora enteira na beiriña do mar cun balde cheo de auga entre as pernas (unha hora a baixar a maré, porque cando subía habiamos de movela uns centímetros cada cinco minutiños cando repetía: mar vene! mar leva!!). Pois nesta última semana botou a andar pola area a cantaruxar "gusta area, gusta area", bañouse con ese grande invento chamado flotador, máis que probabelmente animada pola soltura con que se desenvolvía a prima P. no novidoso medio e procurou conchas por toda a praia, "tonchitas", como ela as chama.
E agora, como fai o avó J., só nos fica comezar a contar os días que faltan para voltar: que xa hai que ir facendo o menú de Noiteboa, que non é máis que a carreiriña dun can, e despois logo vén o Antroido, en nada Semana Santa e xa a marcarmos data para ir montar todo o tinglado un ano máis.
chuzame - Optimización de recursos
Sábado, Agosto 19th, 2006
13:45
-¿Un cangrejo rabioso puede ganarle a otro animal más grande?
-Pero é que non hai caranguexos rabiosos, fillo...
-¿Nooooooooo?
-Non. Ningún animal pelexa se pode evitalo. Sempre prefiren fuxir.
-¿Por qué?
-Porque saben que poden saír feridos ou morrer.
-¿Y por qué un cangrejo te pilla un dedo si se lo pones delante? Ah, porque a lo mejor no te ve.
21:00
-Mamá, papá, ¿los lenguados esos que tienen pinchos se dejan pisar por un niño de cinco años?
-Hmmmmmm... ti estás a falar das fanecas bravas ou escarapotes. Pois cando...
-A lo mejor es porque no nos ven, pero si la cabeza está hacia nosotros igual nos ven y escapan.
chuzame - A toda velocidade
Venres, Agosto 18th, 2006
-Mamá, ¿los ratones tienen coches?
chuzame - Anxos do universo
Xoves, Agosto 17th, 2006De novo quero dar os meus parabéns a Rinoceronte por estar na vangarda nun país en que desafortunadamente iso resulta tan difícil. Veñen de apresentar hai un par de días Anxos do universo, do escritor islandés Einar Már Gudmundsson. "A cabalo entre a ficción e a biografía do propio irmán do autor, Anxos do universo narra a transformación de Páll, un mozo islandés, cando comeza a desenrolar unha enfermidade mental que acabará coa súa vida. Gudmundsson aborda este tema tan delicado coma aterrador cunha elegancia e un lirismo excepcionais."
Trala lectura das primeiras corenta páxinas na versión desgargábel de balde, retornaron á miña memoria a luz vertixinosamente fría, os cheiros volcánicos do peixe manta degustado por mandato da gastronomía tradicional en estado de putrefacción e regado con gordura de año e a cordialidade intensa e distante de aquela gran familia coa que convivín unha semana de hai uns poucos anos.
chuzame - O novo micho da bisavoa Obdulia
Xoves, Agosto 17th, 2006
chuzame - « Previous Entries Next Entries »








