Archive for agosto, 2006
Next Entries »Pelacho
xoves, agosto 17th, 2006Posteamos os últimos debuxos do pelacho.
chuzame - Las Malas Lenguas
xoves, agosto 17th, 2006Como xa referiu o amigo Pawley, un profesional é un profesional, hai dúas noites fomos xuntos con algúns amigos máis ao concerto dos Auserón. O levantador de minas e eu chegamos con dúas horas de antelación para ver se pillabamos as probas de son e había algunha oportunidade de falar co Santiago para ver de lialo para un proxecto. Non podería falar con el até despois do concerto pero o noso madrugón e case xexún víronse compensados con medio concerto máis: unhas dez pezas que tocaron e cantaron para probar o son. As probas remataron só media hora antes do concerto e como eu non estaba disposta a perder a primeira fila, telefonamos o resto da expedición, que estaba a pegarse unha encherola, para que nos achegasen uns bocatas.
Despois de dúas horas de desenfreno apoteósico músico-verbal atendeume con gran paciencia e combinamos para logo.
Por certo, era de carne e oso! ¡Quién lo iba a suponer!
chuzame - Unha do primo J.
sábado, agosto 12th, 2006
-Mamá, ¿cuándo volvemos a Coroso?
-Pero ¿tú no eras el niño que ayer quería volver a su casa?
-Sí, pero ahora soy el niño que quiere volver a Coroso.
-¡Jajajajaja!
-Pues yo no le veo ninguna gracia.
chuzame - Seguimos por Coroso…
martes, agosto 8th, 2006E desta vez xa van uns cantos días seguidos. Por fin!! non hai como estar libre de traballo para aproveitar as vacacións: moita praia, algunha tertulia, moita praia, moitos xogos, moita praia, non parar en todo o día, moita praia, churrascos, moita praia, os veciños de todos os anos... e algunha visita puntual á Coruña a facer algún recado.
E estes últimos días todo con sabor a lume e tristura e acenos de cabeza con cadaquén que te cruzas. Nunca viramos desaparecer o sol tralo fume con esa luz tan estraña, propia dunha paraxe marciana. Nunca seguiramos as noticias na radio con tanta proximidade. Desolador. Un veciño campista de vello que traballa na extinción de incendios forestais di que pola madeira non é mais que hai anos aínda se investigaba se varios meses despois dun incendio o propietario vendía o monte ou criaba unha explotación gandeira no novo prado. "Agora é diferente. Imos, apagamos o lume e aí acaba o conto".
chuzame - Cantas patas ten unha mantis?
xoves, agosto 3rd, 2006
-Mamá, hazme una pregunta de bichos!
-A ver... Cantas patas ten unha mantis?
-Si contamos las de arriba tiene seis... y si no las contamos, entonces tiene cuatro!
chuzame - Next Entries »







