E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Setembro, 2006

« Previous Entries

In media res

Martes, Setembro 26th, 2006

chines.gif-:( No sé leer.
-Estás aprendendo a ler, pelacho.

-¡Pe-ro-no-sé-le-er!

-Pero estás aprendendo.

-PE-RO-NO-SÉ-LE-ER... y no voy a aprender nunca.

-Como que non vas aprender nunca? Todo o mundo aprende a ler.

-Yo no.

-Ti estás afeito ás cousas que podes aprender nun momentiño ou nun día, pero a ler non se aprende nun día. Vaise aprendendo un pouquiño cada día e cando menos o esperes xa saberás ler todo o que se che poña por diante.

-Yo no voy a aprender nunca.

-De verdade cres iso?

-Es que no voy a aprender...

-Que si, home, que si! que non hai quen non aprenda a ler, aínda que non quixeses aprenderías igual.

-De verdad?

-Totalmente a serio! Dentro de pouco tempo farache moita graza o que agora pensas, xa verás!

Chuzame! chuzame -

In media res

Luns, Setembro 25th, 2006

ovostuneados.gif

-Mi animal favorito es... las plantas!! Pero no recuerdo el nombre de mi planta favorita... Ah, sí, sí. ¡Mi planta favorita es la violeta!

Chuzame! chuzame -

Pois eu máis…

Sábado, Setembro 23rd, 2006

Pelacho: -¡Yo voy a aprender chino!

Pelacha: -¡...Y yo china!

Chuzame! chuzame -

o día a día

Sábado, Setembro 23rd, 2006

Estaban a pelacha e a prima P., que son inseparábeis e danse de marabilla , a xogaren a unha coa outra acompañadas do avó J. A prima P. deulle unha labazada á pelacha, que en resposta lle cascou con gana con Lupita a dos Lunis na cabeza á súa prima. A prima P. rañou a cabeza onde levara o lupitazo e non buchicou. Entón interveu o avó para dicirlle á prima P. que non se pega e para impedirllo se o volvía intentar. Ao ver que non tiña posibilidades de levantar a man de novo, ollou para a pelacha e díxolle a berrar: -FEA!!!!!!! Ao que a pelacha repuxo toda escandalizada: -P. chamó fea a min!!!!!!!

Chuzame! chuzame -

O que non se debe dicir

Xoves, Setembro 21st, 2006

mariobross.JPGO fontaneiro, de aproximadamente 1,50 m. de altura e expresión tremendamente agradábel, veu por segunda vez en poucos meses. Nesta ocasión acudía á nosa chamada para arranxar unha cisterna. Botou arredor de media hora fedellando acompañado pola intensa conversa do pelacho, que aproveitou para procurar solución a un feixe de dúbidas. Cando rematou o traballo, xa a piques de marchar, o pelacho preguntoulle:

-¿Como puedes ser tan pequeño si eres tan grande?

Tras un amplo sorriso o fontaneiro respondeu:

-Porque fun mal comedor. Como non comía non medrei. E marchou.
Cando lle explicamos que había cousas que non resultaba cortés dicir, o pelacho non comprendía como a alguén lle podía parecer mal que se lle falase do obvio*. Dixémoslle que ás veces a xente pode non estar satisfeita con como é entón é mellor non llo lembrar mais estamos certos de que non o convencemos.

*Acabo de facer unha procura no blog pensando que atoparía algo que, polo que se ve, non cheguei a postear. Haberá ano e medio que estabamos o pelacho e mais eu á entrada do colexio cando pasou ás carreiras o que en galego politicamente correcto se chamaría "unha muller de idade avanzada". Cando máis preto de nós estaba o pelacho dixo a berros:

-¡¡Mira como corre esa vieja!!

-Non digas iso, non a chames vella. Dixen eu en voz baixiña.

-¡Pero es que es una vieja! Berrou de novo o pelacho.

-Si, pero habitualmente os vellos non gustan de que llelo chamen.

E unha vez máis:

-¿Y por que, si son viejos?

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader