« Como no chiste da araña | Home | O casamento do tío M. »
O home sen nome de Suso de Toro
By Leco | setembro 14, 2006
Sen que sirva de precedente, como diría a amiga Jaio, vou falar de literatura... e rede. Sorprendidísima e abraiada fiquei cando, facendo a visita de rigor ao librodenotas, atopo unha entrevista de Marcos Taracido con Suso de Toro. A razón oficial, pois moitas son as que poden levar a entrevistalo, era a súa última novela, O home sen nome. Pulcra e intensa, a entrevista do Marcos levoume á casa de David de Ugarte, que tamén xa coñecía, onde descubrín que xa en maio tivera lugar a presentación para a Blogosfera da tradución de dita obra ao castelán, mesmo antes de ser presentada aos medios!!! Comenta De Ugarte a modo de anécdota de peso que non coñece outra presentación literaria á que os medios tiveran solicitado, motu proprio, permiso de asistencia por parte dos editores.
A presentación física tivo lugar ante unhas trinta persoas armadas de portátil que foron dando fe nos seus blogs e en directo do que alí acontecía. Outros seguiron a retransmisión desde as súas casas e fixeron o mesmo. En cuestión de minutos a blogosfera inundábase (expresión hoperbólica froito da miña emoción) de posts, comentarios, novos posts saídos dos comentarios anteriores e de novo comentarios frescos sobre a novela de Suso de Toro.
Compréndese agora a miña impresión?
A novela aínda non a lin. A respecto da tradución para o castelán realizada por Belén Fortes e corrixida polo autor, este último opina que "Es muy cansado, pero el texto mejora mucho, mucho. Te das cuenta de fallos en la estructura de la narración, gana soltura el texto, lo pules y haces que funcione más suelto, más ligero."
E pregúntome eu, non podía ter feito ese mesmo traballo antes de editala en galego? ...e cuestiónome entón, en que lingua acabarei léndoa?
chúzame -
Topics: Pelachos |








setembro 15th, 2006 at 12:07 am
Eu téñoo no montón dos pendentes e en galego. Así que penso que quedarei cos erros na estructura e sen a soltura e a lixeireza.
setembro 15th, 2006 at 12:11 am
Buffff, xa case me fas inclinar a balanza…
setembro 15th, 2006 at 12:06 pm
Aisss, que xa se me altera a vesícula.
setembro 16th, 2006 at 6:47 pm
resúltame sorprendinte–mente negativo.
Apertas
setembro 17th, 2006 at 11:25 pm
algo asi lle escuitei dicer unha vez ao ínclito caneiro: escrevia en galego, pero logo traducia ao castelán e finalmente volvia ao galego, de maneira que o texto gañava en matices e non sei en cantas cousas máis (seguramente menos colesterol e máis fibra). de todas formas, á vista do visto, eu estou pensando en pasar os posts da miña blog pola peneira do galego da normativa oficial, despois polo portugués padrão, logo traducirei-nos ao inglés e por último publicarei-nos: seguro que notan a diferenza. un saudo.
setembro 18th, 2006 at 12:21 am
Xa non sei que dicir. Recoñezo que por momentos me dá por pensar que a literatura galega, a literatura en galego, non lles importa nin aos escritores. Será que por definición, a igual xenio, en galego sempre é un bocado peor que en castelán? Será casualidade? Acontecerá tamén co inglés? Gañará tamén unha obra escrita orixinalmente en castelan cando se traduce para o inglés? Ou dependerá do tradutor? Corrixirá SdT tamén as versións a outras linguas para melloralas? Incluirá esas melloras en edicións posteriores en castelan e despois nas posteriores en galego? Será finalmente entón o texto en galego a mellor de todas as versións posíbeis?
Mira que ten mérito escribir en galego!!!!!
setembro 28th, 2006 at 5:42 pm
SIN CONDÓN!!