« O que non se debe dicir | Home | Pois eu máis… »
o día a día
By Leco | Setembro 23, 2006
Estaban a pelacha e a prima P., que son inseparábeis e danse de marabilla , a xogaren a unha coa outra acompañadas do avó J. A prima P. deulle unha labazada á pelacha, que en resposta lle cascou con gana con Lupita a dos Lunis na cabeza á súa prima. A prima P. rañou a cabeza onde levara o lupitazo e non buchicou. Entón interveu o avó para dicirlle á prima P. que non se pega e para impedirllo se o volvía intentar. Ao ver que non tiña posibilidades de levantar a man de novo, ollou para a pelacha e díxolle a berrar: -FEA!!!!!!! Ao que a pelacha repuxo toda escandalizada: -P. chamó fea a min!!!!!!!
chuzame -
Topics: Pelachos |







