E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Outubro, 2006

« Previous Entries

O sabor das cousas

Martes, Outubro 31st, 2006

Saliva-Shows-Stress-Levels-on-Kids-2.jpgVoltabamos da casa dos avós no carro, o papá e mais eu diante e no banco de atrás a pelacha, o pelacho e a Ruca.

-A min non mi gusta sabiva de Duca... A min mi gusta mi sabiva si.

Chuzame! chuzame -

Post-it

Venres, Outubro 27th, 2006

Vexo que hai a quen lle molou o do Post-it :) Todo seu!

Chuzame! chuzame -

In media res IX

Venres, Outubro 27th, 2006

maxi negra.gif-¡Mira! ¡Ese coche tiene magia negra!

-Que???

-Sí, mira, echa magia negra.

-Pero pelacho! Iso é o fume do tubo de escape.

-Noooooo. Que me fijé bien. El humo sale por abajo pero esto sale por arriba. Y cuando les sale por arriba ¡es magia negra!

Chuzame! chuzame -

Nomenclatura básica II

Martes, Outubro 24th, 2006

salgueiro.jpg-¡MIRAAAAAAA! ¡UN PERENGUEEEEE!

-Queeeeeee?

-¡Sí, mira! ¡Es un perengue! Los otros no lo son pero ese es un perengue. ¡Es el más perengazo de todos! ¡No le falta ni una hoja!

Chuzame! chuzame -

De auster aos contos, dos contos aos soños e dos soños á vida

Domingo, Outubro 22nd, 2006

bruegel-big-fish.jpg"Os contos de fadas adoitan ser crueis e violentos, describen decapitacións, canibalismo, transformacións grotescas e encantamentos maléficos. Calquera pensaría que eses elementos encherían de espanto a un crío; pero o que o neno experimenta a través deses contos é precisamente un encontro fortuíto cos seus propios medos e angustias interiores, nun contorno en que está perfectamente a salvo e protexido. Tal é a maxia dos relatos: poden transportarnos ás profundidades do inferno, pero en realidade son inofensivos."

Estas palabras pertencen ao discurso de Paul Auster na entrega dos Premios Príncipe de Asturias e coinciden exactamente co que intúo que os soños son.

Hai uns días preguntábame un amigo cal era para min a orixe deses medos infantís máis inexplicábeis. Eu respondía que hai tempo que penso que se encontra lonxe do ventre materno e das primeiras experiencias dos neonatos. Polo que case creo lembrar a orixe dos medos está en certos soños, que nos asaltan por sorpresa desde os primeiros momentos das nosas vidas. A través dos soños, mais nun contexto que no fondo sabemos seguro, experimentamos o que son o pánico, a inseguranza, a impotencia ou a dor estrema e aprendemos a afiar as armas que haberemos de esgrimir ante o perigo real. Unha sorte de treinamento para a vida, un simulador de situacións críticas polo que paradoxalmente pasamos nos momentos de descanso.

Entre os soños máis intensos que son quen de lembrar conservo as experiencias de ser disparada por unha arma de fogo, de flotar lixeiramente sobre o chan e dirixir o meu corpo co pensamento, de participar nun thriller real dentro da fantasía, de planear por amplas paisaxes, de ser picada por mil serpentes e de ser aceptada con gran emoción como discípula dun gran mestre. As máis das veces non consigo reconstruír as historias e só fico con sensacións que, en épocas de grandes mudanzas, atribúo á limpeza necesaria que non dou concluído nas horas de vixilia.

Parece ser que entre os dous e os catro anos de idade os pesadelos teñen unha incidencia moi alta no sono dos cativos. O pelacho arrincaba a berrar moitas noites nesa época; choraba desconsolado como se estivese roto pola dor e só o paso dos minutos o consolaba. Á mañá seguinte sempre contaba que un gran monstro o atacara ou no mellor dos casos pretendera facelo sen éxito.

Dun tempo a esta parte a pelacha tamén se bota a chorar pola noite cando ten un "soño grande", como ela os chama. A de tempo que nos levou decatarnos que esas "rayas" terríbeis de que sempre falaba non eran outras que os fíos da luz da rúa que atravesan os pequenos buraquiños dunha persiana mal cerrada!

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader