E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

« Suma e segue… | Home | Amor non te idade… ou si? »

A pelacha tamén pregunta

By Leco | outubro 15, 2006

hands.jpgRuca é a nosa cadela, a canucha, como a chamamos nós. Recollémola no canil hai sete anos cando debía ter xa tres ou catro. Tiña o pelo raro e queimado e medo a todo, especialmente ás vasoiras. Pesaba dous quilos e medio, xusto a metade do que pesa agora, e tiña unha tose de canil que daquela non se sabía se lle marcharía ou non. Cada vez que prendiamos un cigarro tiñamos cargo de conciencia.

Cando chegamos a casa co pelacho, que nacera 36 horas antes, lambeulle as fazulas en canto llo puxemos diante e aínda con toda a fame que pasara nunca se resistía a marchar de debaixo do berce nin cando estabamos a comer as cousas de que máis gustaban, que eran todas. Coa pelacha a historia repetiuse.

Sempre lles fixemos ver que, se ben non subía ás camas nin comía á mesa, a Ruca era unha máis na casa, de quen non se podía abusar por ser pequena e cadela, e que se a amolaban de máis como para lles dar algunha trabadiña, non lle haberiamos de berrar por facelo.

É curioso o ben que os cans calculan a idade da xente. Até hai pouco a canucha trataba os dous pelachos como se fosen cachorros: protexíaos da xente que lle suscitaba desconfianza, aceptaba os seus cariños mais nunca deixaba que a collesen no colo e levantáballes calquera anaco de comida das mans en canto se despistaban. Desde hai pouco tempo ten o pelacho noutr aconsideración. Agora acode cando chama por ela e déixao que a levante no colo cando cruzamos a rúa. O pelacho, que a ignorou bastante nos seus primeiros anos de vida, ten unha relación moi estreita agora con ela, fálalle con frecuencia para explicarlle cousas e sobre todo para dicirlle o moito que a quere.

Á pelacha sempre lle interesou máis a Ruca e aínda está convencida de que forma parte da familia exactamente do mesmo modo que seu irmán, os primos ou os avós. Por iso nunca se esquece dela cando repasa os nomes de todos os membros do clan; e por iso tamén hai cousas que non lle acaban de cadrar. Hoxe, moi devagar, como fai para construír frases cada vez máis longas, preguntoume:

-Poqué... Duca... no teñe mans... ... pada toller tousas?

Chuzame! chuzame -

Topics: Pelachos |

6 Responses to “A pelacha tamén pregunta”

  1. Akin Says:
    outubro 16th, 2006 at 3:41 pm

    :-)

    (Xa sei que insisto cos emoticóns, pero é que realmente no soy que dicir que non pareza unha parvada)

  2. peke Says:
    outubro 16th, 2006 at 5:13 pm

    Si, supoño que para ela debe de ser coma unha persoa un pouco rara.

  3. paideleo Says:
    outubro 16th, 2006 at 7:41 pm

    Tamén o meu sobriño preguntaba un día polos apelidos do Colín que para el era unha persoa porque vive na casa coas persoas…Rapaces.

  4. Leco Says:
    outubro 16th, 2006 at 8:52 pm

    Akin: non hai de que se desculpar ;) :) :D
    Peke: xa sei que aínda andas sen conexión. É unha alegría saber de ti de cando en vez. Encantoume o teu último post e aínda non cho dixera. Vouno facer in situ.
    Paideleo: Así son :) Lembro cando andabamos de cámping con meus pais e irmáns e o noso can. Os cativos das parcelas veciñas referíanse a meus pais como os papás do Yogui.

  5. Akin Says:
    outubro 17th, 2006 at 6:56 pm

    Non se hai que desculpar, e menos en castrapo, redemos, que vergoña…

  6. Leco Says:
    outubro 17th, 2006 at 11:34 pm

    :D :D :D :D :D

Comments

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader