« A pelacha tamén pregunta | Home | Paradoxo »
Amor non te idade… ou si?
By Leco | outubro 18, 2006
O papá foi á xuntanza de pais coa profe do pelacho ás catro e media. Eu fiquei fóra cos pelachos a enredarmos polas pistas do colexio até as cinco e cuarto, hora en que o pelacho entraba na clase de patinaxe. Logo de deixalo o plan era ir ao súper coa pelacha mais cando llo propuxen pediume que ficásemos fóra a xogar e non souben negarme. Levaba catro días pechada na casa pola segunda bronquiolite da tempada e a tarde era tan bonita...
Pouco antes de acabar a clase de patinaxe apareceu o papá e en cuestión de minutos marchamos todos para casa.
-A profe segue contenta con como estás a traballar. Hai que continuar así.
-Ajá.
-Tes unha compañeira que se chama Rebeca?
-Si.
-Súa nai díxome que xa tiña ganas de coñecerte, que Rebeca non fala máis que de ti...
-Es que me persigue siempre... y yo me escapo.
O papá e mais eu cruzamos sorrisos. E xa na casa...
-Tamén me dixo a profe que estabas sen lapis.
-Es que vi uno que era de la clase muy chulo y lo cambié por el mío pero resultó que era una pintura negra y no valía y ya no encontré el mío. Y tampoco tenía goma.
-Pois tes que avisarnos desas cousas. Se o tiveses dito xa terías levado lapis e goma de novo.
-Es que goma ya tengo porque como no tenía me dijo Rebeca que me traía una y me la trajo al día siguiente.
-Ah, entón Rebeca ademais de perseguirte é unha boa amiga! Pero lembra que desas cousas tesnos que avisar a nós.
-Vale.
E logo na cea e entre outras cousas...
-Entón, por que te persegue Rebeca?
-Es que es una pesada pero yo me chivo de que me persigue.
-Seguro que non che fan caso.
-No me hacen caso, no.
-Non me estraña. E non será porque lle gustas?
-Sí. Pero a mí ella no.
-Por que?
-Por-que-no-te-ne-mos-e-dad.
-Idade para que?
-¡Para querernos!
-----------------
Desde mañá o pelacho xa non traerá informe diario de boa ou mala conduta, só se hai algunha incidencia que debamos saber recibiremos notificación. A profe constatou que a mudanza de atitude foi radical e que espera que siga así. O pelacho xa recuperou todas as súas prebendas agás a Gameboy e a paga, que fican pendentes até a fin de semana.
chuzame -
Topics: Pelachos |








outubro 18th, 2006 at 7:36 am
Alédome de que o pelacho volvera ó rego.
¿A quen saiu o latin lover?
outubro 18th, 2006 at 11:12 am
Abraiado fico coa explicación do pelacho. Iso sí que é analizar a cuestión con perspectiva…
outubro 23rd, 2006 at 1:54 pm
Díganlle ao pelacho que o amor ten todas as idades.
outubro 23rd, 2006 at 11:17 pm
Xa lle dicimos