« Paradoxo | Home | De auster aos contos, dos contos aos soños e dos soños á vida »
Máis vale de nova aprender…
By Leco | outubro 21, 2006
E agora que caio, atopei o paradoxo do post anterior porque procuraba o conto do burro que morre cando o dono case o afixera por completo a vivir sen comer; e isto último viña a conto porque hoxe estou especialmente cansa porque cada vez durmo menos, e non por falta de ganas senón por ganas maiores de facer outras cousas. Este cansazo levoume antes de cear a sentar un momento na cociña coa cabeza entre as mans, e de alí a un momento entrou a pelacha:
-Poqué dumida tú?
-Estou desperta, pelacha.
-Poqué tu despeta?
-Porque non estou durmida.
-Poqué tú ollos cedados?
-Porque estou malladiña, filla.
E saiu da cociña. Acababa de dicirlle había uns minutos que non andase co afialapis do pelacho mais, aproveitando o meu reseteo e os ollos pechados, entrou de novo coa intención de afiar un lapis no cubo do lixo como lle acababa de ver facer ao irmán. Entón abrín os ollos con expresión de represora indulxente mais antes de que pensase o que ía dicir tapoume a boca co seu ton condescendente ao que comezaba a afiar:
-Decansa, mamá, decansa!
chuzame -
Topics: Pelachos |








outubro 21st, 2006 at 2:25 am
Penso que xa o dixen noutro post, pero é que estos pelachos saben latín.
outubro 21st, 2006 at 12:23 pm
Pois sí, latín non sei se o saben, pero ó paso que van han de aprendelo de contado.
outubro 21st, 2006 at 1:56 pm
Haberá que ver se son de letras ou de ciencias…