Archive for Novembro, 2006
« Previous EntriesBlogosfera na mesa
Xoves, Novembro 30th, 2006Hoxe fun falar sobre blogs e vídeo ao Centro Multimedia. Gostaba de ter coincidido de novo con xente como Opaco, Demares, Modesto ou Calidonia, quen tivera o pracer de coñecer o verán pasado nunha xantanza blogomilleira, mais o mesmo programa que impediu isto deume pé a coñecer outra xente moi interesante como Ventanas ou Santy Gutiérrez e mesmo a poñerlle face a Akin!!!
chuzame - Nomenclatura básica III
Xoves, Novembro 30th, 2006
-Te quiero hacer una pregunta: ¿Todos los ciegos y los que ven mal se llaman Rompetechos?
chuzame - En oito anos todos calvos
Mércores, Novembro 29th, 2006
chuzame - Nomenclatura básica II
Martes, Novembro 28th, 2006
-Pelacho, hoxe se queres non vas a patinaxe e ficamos todos na casa.
-¡VAAAALE!
-Cando xa estás alí pásalo moi ben pero dáche "nogalla" ir, non?
-¡Exactamente! Aunque no tengo ni idea de lo que significa"nogalla".
Fíxome tanta graza que non fun quen de darlle máis que a tradución ao castelán.
-Pereza, significa pereza.
-Pero es que tampoco sé lo que es la pereza.
-Niso tes razón, non fai falta que mo xures.
chuzame - Tempo de paz, amor e…mentiras II
Luns, Novembro 27th, 2006
Sábado pola tarde fun co pelacho ao Corte Inglés para trocar unha caixa de lapis que levaramos por erro pensando que eran acuarelábeis. Subimos de pasada á planta dos xoguetes para recoller o catálogo de Nadal e cruzámonos cun Papá Noel moi animado que andaba a berrar entre os cativos ofrecéndolles caramelos ao son da súa campá. O pelacho nin mirou para el. Cando marchabamos cara ás escaleiras mecánicas volvémonos dar de fuciños con el e o pelacho dedicoulle a mesma atención que primeira vez.
Unha vez fóra dos grandes almacéns non aguantei a curiosidade e pregunteille:
-Pelacho, quen estaba na planta dos xeguetes?
-Era Papá Noel... bueno, una persona vestida de Papá Noel. La primera vez que lo vi dudé pero la segunda xa me di cuenta de que era una persona disfrazada y no Papá Noel.
-Claro! Como ía andar Papá Noel por aí, por todas as partes, coa cantidade de traballo que ten nesta época, verdade?
-¡Claro!
chuzame - « Previous Entries







