Archive for novembro, 2006
« Previous Entries Next Entries »A camilla de Ramón Piñeiro
martes, novembro 21st, 2006
O venres pasado fomos á inauguración da exposición "A forza da palabra", organizada pola Real Academia Galega e a Fudación Caixagalicia, non hai como entrar con decisión para que ninguén che pregunte de quen vés sendo. Alí atopamos carteis da campaña en favor do Estatuto, que seguen a impresionarme pola carga de modernidade estética e ideolóxica que tanto parecían prometer para a Galiza do futuro, a famosa maleta dos Eoas, un cartón de leite Celta e o Cancioneiro da Ajuda; desde uns antigos óculos de Del Riego de polo menos medio quilo de peso á famosa camilla de Ramón Piñeiro. Resultoume moi estraño ver agora tras unha vitrina a mesa á que eu estivera sentada tantas veces, vestida coa mesma saia, de súpeto cargada de pasado.
chuzame - luns, novembro 20th, 2006
-Que traes aí, pelachiña? Preguntou a avoa.
-Una folla.
-¿Y quién te la dio?
-O vento.
chuzame - Así acaba unha autoestrada
venres, novembro 17th, 2006A primeira vez que fomos á aldea pola autoestrada de Santiago-Ourense ficamos abraiados co esforzo tan grande que fixo quen a deseñou para integrala coa natureza...
chuzame - Cousas que pasan
xoves, novembro 16th, 2006
-Hoy rompí una estatua en el colegio.
-???
-Sí, era una estatua con la forma de una persona pero sin cabeza y sin brazos ni nada. Estaba aguantando los libros y yo fui a meter uno y, como no entraba, empujé fuerte y tiré la estatua. Y se rompió.
-E a profe???
-¡Se enfadó muchísimo! y me dijo que tenía que llevar otro aguantador de libros.
chuzame - Tempo de paz, amor e… mentiras
luns, novembro 13th, 2006
-Hmmmm... Papá Noel... tiene mucho tiempo para descansar.
-É verdade, pelacho. Pero tamén é certo que cando chega o Nadal ten que traballar moito...
-Síííí, muchísimo! Tiene que llevar regalos... a todo un país.
-Exactamente!
-Y... Papá Noel vive en el Polo Norte?
-Creo que si.
-Y allí... ¿Por qué la gente que vive allí nunca lo ve?
-Bfssss... Pois... porque aquilo é tan grande e están as casas tan separadas as unhas das outras... que hai moita xente que non se ve nunca... ou case... nunca...
-Ah.
chuzame - « Previous Entries Next Entries »








