O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.
« O movemento usuario lalala | Home | Máis unha do primo J. »
By Tati Mancebo | decembro 21, 2006
"Feliz aniversario", sr. Presidente
Estimado Sr. George W. Bush,
Agora que está a piques de cumprirse o 5º aniversario do campo de detidos de Guantánamo, quero felicitalo a vostede por varios motivos:
1. Por ter arranxado para manter un centro de detención ilegal aberto durante tanto tempo diante da pasividade da comunidade internacional;
2. Por intentar reducir a cinzas a Convención de Xenebra, despois de máis de medio século de vixencia.
3. Por ter descuberto que hai seres humanos sen dereitos humanos;
4. Por manter baixo detención prolongada centos de detidos sen cargo nin xuízo, permitindo as torturas e os malos tratos;
5. Por facer desaparecer un número descoñecido de persoas, e por facelo, iso si, en nome da liberdade;
6. Por ter conseguido que sexan admisibles as probas obtidas mediante tortura ou outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes;
7. Por conseguir que moitos países, entre eles moitos de Europa, lle presten as súas bases e aeroportos para ditos propósitos.
Por todo iso, fágolle chegar as miñas felicitacións. Pero de paso, tamén envíolle miña máis airada condena e rexeitamento á existencia de Guantánamo e o resto de centros de detención.
Esíxolle a vostede que peche o centro de detención de Guantánamo e que libere os detidos a menos que os acusen dun delito común recoñecíbel e os xulguen de conformidade coas normas internacionais de xustiza procesual, nun tribunal que non impoña a pena de morte.
chúzame -
Topics: Lista de ligazóns (blogroll) |
Comments