E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Xaneiro, 2007

« Previous Entries

Chelsea Hotel

Mércores, Xaneiro 31st, 2007

Chuzame! chuzame -

Raymond Carver

Martes, Xaneiro 30th, 2007

Comezo unha serie de colaboracións n'O levantador de minas coa tradución de tres poemas de Raymond Carver.

Chuzame! chuzame -

Onde nos vemos?

Domingo, Xaneiro 28th, 2007

Vía O Levantador de minas<Roger<Jorge Benedet<De Ugarte recibo o inquérito que me pide tres razóns para abandonar España. Malia que inmediatamente me veñen á cabeza unha morea de boas razóns para querer vivir noutros lugares, ao mesmo tempo non teño tentacións de marchar. A xente que quero é para min a primeira razón para vivir onde vivo aínda que teña que aturar:

-A corrupción sen límites que tendemos a aceptar como mal menor da democracia (non era precisamente un dos piares das ditaduras?), arexada sen pudor e case reclamada como mecanismo para que todo funcione.

-A amargura de moitas persoas que con frecuencia as leva a causaren mal a outras, sobre todo cando estas últimas resultan ser "pringadas anónimas".

-Tantas leis. Ao meu fillo de seis anos non lle colle na cabeza como hai tantas cousas que son obrigatorias ou que están prohibidas, e a min tampouco. Como coas tradicións, en moitos casos bastou unha escusa para establecelas e, por moitos anos que teñan pasado e por moito que teñan mudado as circunstancias, nunca as boas razóns son suficientes para desterralas.

Tamén se me pide que convide outros cinco blogs a participar, o que transmito con gusto a: Trapobana, Paideleo, Robinson, Xabier Docampo e Jaio

Chuzame! chuzame -

In media res

Sábado, Xaneiro 27th, 2007

rotuladores.jpgComo o pelacho xa vai lendo con soltura non perde ocasión de radiar canto anuncio ve pola rúa, a maioría dos cales inclúen a palabra "rebaixas" nesta época.

-No acabo de entenderlo. Rebajas... ¿Significa que las cosas cuestan un poco menos?

-Exactamente!

-¡Qué bien! ¡porque así tendré que gastar menos dinero cuando me compre alguna cosa que quiera!

Chuzame! chuzame -

Creatividade ao poder

Martes, Xaneiro 23rd, 2007

-Mamá, hazme preguntas de bichos. De insectos, eh!

-A ver, cal é un insecto moi longo que se confunde coas pólas das árbores?

-El insecto palo. Hazme otra.

-Cal é o insecto que ten ás e que dá saltos moi grandes?

-El saltamontes.

-E como se chama en galego?

-Hmmm... ¿Saltamontañas?

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader