« Conversa antes de durmir | Home | A miña third life a ver Second Life »
A avoa María
By Leco | xaneiro 15, 2007
A bisavoa María ten 98 anos moi ben levados, hai idades que se levan ben ou desde logo no se levan. Debe haber máis de corenta anos que no proba a auga. Até hai vinte bebía boliches; lembro as xaulas enteiras de 15Hermanos no cuarto que chamabamos o depósito, e duns vinte anos para aquí pasouse á Fanta de limón. Non toma verduras, pírrase polo marisco, O avó J., seu fillo, di que non a lembra na cama, e o segredo da súa louzanía está, nas súas propias palabras, en non cear máis que un café con leite e galletas.
-Pero no ahí venga galletas y galletas... un par de galletas y hasta el día siguiente.
Onte fómolas ver a ela e mais á miña madriña. Preguntounos moitas veces cantos dos cinco bisnetos que andaban a brincar arredor eran nosos mais casualmente eran precisamente os nosos os que menos asomaban pola sala naqueles momentos. Así que o papá aproveitou unha breve incursión do pelacho no noso alcance visual para dicirlle a berros á miña avoa:
-ESTE É O GRANDE!
-Que dices, neniño, que es atorrante?
-O GRANDE, O GRANDE!
Mais non puido evitar pensar cunha mestura de malicia e simpatía que en certos momentos a bisavoa María non deixaba de levar certa parte de razón.
De alí a un pouco un dos bisnetos preguntoulle:
-¿Como estás, abuela?
-¡Pues hecha una moza!
Dixo isto, nun ton moi suave e agudo, para botar a falar de novo, tan rachada como a lembro de sempre:
-Viejiña, hombre, viejiña. ¿Como voy a estar?
Entón miña prima aproveitou para seguir tirándolle da lingua:
-¿Pero tú, entonces, cuántos años tienes?
-...Y qué tendré? ...Yo creo que de los que estamos aquí, debo ser la mayor, ¿no?
O papá confirmoullo:
-Por un momento case me entra a dúbida... mais é a maior, é.
chuzame -
Topics: Pelachos |







