O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

« | Home | »

Onde nos vemos?

By Tati Mancebo | xaneiro 28, 2007

Vía O Levantador de minas<Roger<Jorge Benedet<De Ugarte recibo o inquérito que me pide tres razóns para abandonar España. Malia que inmediatamente me veñen á cabeza unha morea de boas razóns para querer vivir noutros lugares, ao mesmo tempo non teño tentacións de marchar. A xente que quero é para min a primeira razón para vivir onde vivo aínda que teña que aturar:

-A corrupción sen límites que tendemos a aceptar como mal menor da democracia (non era precisamente un dos piares das ditaduras?), arexada sen pudor e case reclamada como mecanismo para que todo funcione.

-A amargura de moitas persoas que con frecuencia as leva a causaren mal a outras, sobre todo cando estas últimas resultan ser "pringadas anónimas".

-Tantas leis. Ao meu fillo de seis anos non lle colle na cabeza como hai tantas cousas que son obrigatorias ou que están prohibidas, e a min tampouco. Como coas tradicións, en moitos casos bastou unha escusa para establecelas e, por moitos anos que teñan pasado e por moito que teñan mudado as circunstancias, nunca as boas razóns son suficientes para desterralas.

Tamén se me pide que convide outros cinco blogs a participar, o que transmito con gusto a: Trapobana, Paideleo, Robinson, Xabier Docampo e Jaio

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Topics: leco | 6 Comments »

6 Responses to “Onde nos vemos?”

  1. kaplan Says:
    xaneiro 30th, 2007 at 8:17 pm

    aceito o reto. só dea-me tempo.

  2. paideleo Says:
    xaneiro 30th, 2007 at 10:20 pm

    Tomo nota.

  3. Leco Says:
    xaneiro 30th, 2007 at 10:46 pm

    Obrigada, caros veciños.

  4. kaplan Says:
    xaneiro 30th, 2007 at 11:49 pm

    xa fixen os deveres, como un neno boíño

  5. arthur frommers budget travel Says:
    maio 31st, 2007 at 8:48 am

    arthur frommers budget travel…

    o blog dos pelachos » Onde nos ?…

  6. Asegurándome de non perder » Blog Archive » febreiro2007 Says:
    decembro 10th, 2007 at 7:01 pm

    [...] Esta lembranza vén a conto pola pregunta que me fixo leco sobre que tres razóns me farían marchar deste país… E non sei que responder. Xa estiven en Londres un ano e medio e nos EEUU case tres anos e nos dous casos a razón que podo aducir é que foi por amor por Ana. Se ela vai ó fin do mundo, eu vou detrás. E despois deste motivo para emigrar pode haber un feixe de excusas… [...]

Comments

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader