E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for Xaneiro, 2007

« Previous Entries Next Entries »

In media res

Mércores, Xaneiro 17th, 2007

leite-araba.jpg -Sabe diquísimo lo leche!

Chuzame! chuzame -

A miña third life a ver Second Life

Luns, Xaneiro 15th, 2007

lepenprotesta.jpgDescubro en Ciberescrituras que os habitantes de Second Life levan a cabo protestas na rúa contra Le Pen, unha delas é unha sentada nudista. Oxalá cheguemos a facer estas cousas fóra de Matrix.

Chuzame! chuzame -

A avoa María

Luns, Xaneiro 15th, 2007

A bisavoa María ten 98 anos moi ben levados, hai idades que se levan ben ou desde logo no se levan. Debe haber máis de corenta anos que no proba a auga. Até hai vinte bebía boliches; lembro as xaulas enteiras de 15Hermanos no cuarto que chamabamos o depósito, e duns vinte anos para aquí pasouse á Fanta de limón. Non toma verduras, pírrase polo marisco, O avó J., seu fillo, di que non a lembra na cama, e o segredo da súa louzanía está, nas súas propias palabras, en non cear máis que un café con leite e galletas.

-Pero no ahí venga galletas y galletas... un par de galletas y hasta el día siguiente.
Onte fómolas ver a ela e mais á miña madriña. Preguntounos moitas veces cantos dos cinco bisnetos que andaban a brincar arredor eran nosos mais casualmente eran precisamente os nosos os que menos asomaban pola sala naqueles momentos. Así que o papá aproveitou unha breve incursión do pelacho no noso alcance visual para dicirlle a berros á miña avoa:

-ESTE É O GRANDE!

-Que dices, neniño, que es atorrante?

-O GRANDE, O GRANDE!

Mais non puido evitar pensar cunha mestura de malicia e simpatía que en certos momentos a bisavoa María non deixaba de levar certa parte de razón.

De alí a un pouco un dos bisnetos preguntoulle:

-¿Como estás, abuela?

-¡Pues hecha una moza!

Dixo isto, nun ton moi suave e agudo, para botar a falar de novo, tan rachada como a lembro de sempre:

-Viejiña, hombre, viejiña. ¿Como voy a estar?

Entón miña prima aproveitou para seguir tirándolle da lingua:

-¿Pero tú, entonces, cuántos años tienes?

-...Y qué tendré? ...Yo creo que de los que estamos aquí, debo ser la mayor, ¿no?

O papá confirmoullo:

-Por un momento case me entra a dúbida... mais é a maior, é.

Chuzame! chuzame -

Conversa antes de durmir

Luns, Xaneiro 8th, 2007

rhino_ruler_med1.jpg-Estaba eu a pensar... que se te ataca un rinoceronte nun descampado... non hai moito para onde fuxir.

-Queres dicir a correr, claro.

-Claro, pero aínda que teñas unha árbore mediana...

-Dis para asomarte a un lado ou ao outro?

-Si, pero non hai nada que facer. Ademais, aínda que teñas unha árbore, moi grosa tería de ser para que non a leve por diante e a ti con ela.

-Xa...

-E subir á árbore... impensábel.

-Xa... Pois sabes o que andaba a pensar eu? (deitada de lado ao seu carón e cun brazo por riba do seu peito)

-Que pensabas?

-Estaba a preguntarme cantos dos meus sesenta e cinco quilos están sobre o colchón e cantos sobre o teu corpo. Entón pensei que se estivese deitaba sobre unha báscula e apoiase un brazo noutra facendo unha presión progresivamente maior sobre ela, irían baixando os quilos na primeira e aumentando na segunda mais sempre sumarían sesenta e cinco. E de termos dúas básculas verticais nas paredes do corredor, se me puxese a facer presión nelas con ambos os brazos, sabería cantos quilos de presión me faltarían para elevarme sobre o chan. Que che parece?

-Buf! Se nin sequera temos unha soa báscula na casa...

-Pois temos tantas como rinocerontes!

Chuzame! chuzame -

Un ano, un libro

Xoves, Xaneiro 4th, 2007

screenhunter_8.jpgÉ unha proposta orixinal para escribir un libro nun ano. O primeiro día escribirás unha palabra, dúas o segundo, tres o terceiro... até un total de 66.795 no día tricentésimo sexaxésimo quinto (os ordinais teñen os días contados, abofé).

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planned books:

    Current books:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas by Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing by Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad by Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura by M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos by Truman Capote

    Recent books:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader