Archive for xaneiro, 2007
Next Entries »Os Cadernos de Azertyuiop
mércores, xaneiro 3rd, 2007O meu caderno xa está na rede!
Prodúceme moita alegría que a aventura de papel iniciada hai xa uns anos con Alfredo, François e Dulce teña hoxe continuidade e goce de futuro por obra e graza do Levantador.
chuzame - Conto de Nadal
mércores, xaneiro 3rd, 2007Saíran o papá e o pelacho polo xornal e o pan. Á volta entrou o pelacho na cociña moi contento. -Mira qué boli me compré con forma de canguro. Y si aprietas este botón mueve los brazos. -Anda, que chulo! -Sí, está genial... pero papá está enfadado conmigo... -E logo? -Porque lo compré sin permiso con mi dinero.
Máis tarde o papá contoume que o pelacho se portara fatal na librería do Suso. Saíra coa idea de comezar unha colección dunha maqueta de dinosaurio para ir montando de semana en semana e en canto chegou á tenda emperrouse co boli do canguro e xa non atendeu a razóns. Aproveitou o momento propicio para pagalo cos cartos que levaba no peto e saír co trofeo.
Segundo pasaban os minutos na casa o pelacho seguía a observar a súa compra cunha mestura de desexo cumprido e insatisfacción. Volveu á cociña, onde estaba eu a preparar o xantar, para facerme partícipe da súa desventura. -Pois terás que buscar maneira de faceres as paces co papá...
Voltou logo sen soltar a mazá da discordia: -Papá me dijo que hay una manera de que ya no esté enfadado conmigo, que es desaciéndome del bolígrafo. Y yo, para que esté contento, le propuse tirarlo al lixo. Dixo abrindo a tapa do cubo. -Paréceme unha boa idea. Dixen eu para animalo, mostrando certa emoción pola madurez da súa proposta. Entón ceibou o canguro no lixo dicindo: -Que pena. Me gustaba mucho. Lo voy a echar de menos a mi bolígrafo canguro. -Hala, home, fixeches moi ben. Non lle deas máis voltas.
chuzame - Next Entries »







