O pelacho naceu en 2000, a pelacha en 2004, o primo J. en 2002, a prima P. en 2004 e o primo Jj. en 2007.

Archive for marzo, 2007

« Previous Entries

PÍO-PÍO

martes, marzo 27th, 2007

-Tengo una idea... Por qué no pintamos grafitis en todas la puertas de garaje blancas que encontremos?

-Nooooooon!!!! Non podemos facer iso.

-Por que?

-Porque as portas brancas de garaxe, como todas as portas de garaxes doutras cores, son de alguén e estou certa de que non gostan de que llelas enchamos de grafiti.

-Pues yo creo que no son de nadie.

-Todo é de alguén, pelacho... Case todo.

-Hmmmm, ¿Y las nubes, son de alguien?

-Non, as nubes non.

-¿Y los pájaros?

-Os que andan ceibes polo ceo non, os que están en gaiolas si.

Ás veces é preciso simplificar en relación inversamente proporcional á idade do inquisidor. E mentres eu ficaba medio absorta a matinar que en canto as nubes se transforman en chuvia, e esta devén en propiedade vendíbel suxeita a unha morea de leis, do mesmo modo que acontece coas gaivotas e as pombas cando aniñan nos tellados; mentres trataba de evitar chegar a todas as aves que sen o saberen conforman as comunidades de veciños dos cotos de caza...

-¿Ves como hay muchísimas cosas que no tienen dueño?

Nese momento, de non saber que aceptaría de contado estaría por proporlle saírmos ao campo esprays en man.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Algarada

luns, marzo 19th, 2007

A nosa empresa xa ten web!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Adiviñas

luns, marzo 19th, 2007


Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coroso: comezou a conta atrás

xoves, marzo 15th, 2007

Desde o primeiro de xaneiro o avó J. comeza a contar os días que faltan para irmos de cámping a Coroso. Lembro a conta atrás desde cativa porque comezamos a pasar os veráns alí no ano 79, cando eu tiña nove anos. Lembro que durante os primeiros meses do ano parecíame tan lonxe que nunca dariamos chegado, mais os meses acababan pasando por diante da nosa porta e chegaba o día en que metiamos todo no carro -sempre co debate de se cabía todo ou se non, de se este anos lebamos máis cousas que nunca, e miña nai sempre a dicir, "pero se ao final sempre colle todo"; e tiña razón, nunca houbemos de soltar lastre.

Os pelachos e os primos devecen por ir a Coroso, xa lles meteu o avó o becho dentro do corpo e, segundo se vai aproximando a data de marchar, menciónano con maior frecuencia. En Coroso todo é mellor, todo sabe mellor... Non hai lugar igual!
O pelacho preguntou hoxe con estrañeza:

-¿Por que en Coroso hace siempre calor y aquí no?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Broma pesada

mércores, marzo 14th, 2007

broma.pngAos pelachos, como a case todos os cativos, encántalles a tortilla de pataca. Hoxe non merendaran porque comeran tarde e pasaron toda a ídem na rúa. Cando chegou a hora da cea o papá serviu ao pelacho un prato con catro bocadiños nada máis. Preguntou por que lle dabamos tan pouca tortilla e dixémoslle que era para que non lle sentase mal. Como comezou a rosmar fixemos como que entendiamos que aínda lle parecía moita e limpamos o prato. Entón para a nosa sorpresa rompeu a chorar e aclarámoslle con cariño que todo fora unha broma e que había tortilla a encher.

-¡NO ME HA GUSTADO NADA ESTA BROMA! ¡CON EL BUEN DÍA QUE YO LLEVABA... Y VAYA BROMA!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google « Previous Entries

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader