Archive for marzo 14th, 2007
Broma pesada
mércores, marzo 14th, 2007
Aos pelachos, como a case todos os cativos, encántalles a tortilla de pataca. Hoxe non merendaran porque comeran tarde e pasaron toda a ídem na rúa. Cando chegou a hora da cea o papá serviu ao pelacho un prato con catro bocadiños nada máis. Preguntou por que lle dabamos tan pouca tortilla e dixémoslle que era para que non lle sentase mal. Como comezou a rosmar fixemos como que entendiamos que aínda lle parecía moita e limpamos o prato. Entón para a nosa sorpresa rompeu a chorar e aclarámoslle con cariño que todo fora unha broma e que había tortilla a encher.
-¡NO ME HA GUSTADO NADA ESTA BROMA! ¡CON EL BUEN DÍA QUE YO LLEVABA... Y VAYA BROMA!
chúzame -







