Archive for marzo 27th, 2007
PÍO-PÍO
martes, marzo 27th, 2007
-Tengo una idea... Por qué no pintamos grafitis en todas la puertas de garaje blancas que encontremos?
-Nooooooon!!!! Non podemos facer iso.
-Por que?
-Porque as portas brancas de garaxe, como todas as portas de garaxes doutras cores, son de alguén e estou certa de que non gostan de que llelas enchamos de grafiti.
-Pues yo creo que no son de nadie.
-Todo é de alguén, pelacho... Case todo.
-Hmmmm, ¿Y las nubes, son de alguien?
-Non, as nubes non.
-¿Y los pájaros?
-Os que andan ceibes polo ceo non, os que están en gaiolas si.
Ás veces é preciso simplificar en relación inversamente proporcional á idade do inquisidor. E mentres eu ficaba medio absorta a matinar que en canto as nubes se transforman en chuvia, e esta devén en propiedade vendíbel suxeita a unha morea de leis, do mesmo modo que acontece coas gaivotas e as pombas cando aniñan nos tellados; mentres trataba de evitar chegar a todas as aves que sen o saberen conforman as comunidades de veciños dos cotos de caza...
-¿Ves como hay muchísimas cosas que no tienen dueño?
Nese momento, de non saber que aceptaría de contado estaría por proporlle saírmos ao campo esprays en man.
chúzame -







