E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

« PÍO-PÍO | Home | O misterio das cousas »

Contos chineses

By Leco | abril 4, 2007

Ultimamente o tempo non me dá para nada. Ocórrenseme ao día cen cousas que quero anotar e acabo sen referir nin unha soa. Os pelachos están en plena efervescencia verbal e cinética e son tantas as cousas que acontecen ao longo do día que acaban por rispárseme entre os dedos. Acho de menos poñer e ter o blog ao día mais non son quen de facelo. O mesmo ocorre coas respostas aos comentarios que recibo e os outros blogs que habitualmente visito con curiosidade diaria e interese e que nas últimas semanas teño tamén descoidados. Será que estou a comezar unha nova fase...

Hoxe non quería deixar sen relatar unha pequena anécdota e dar noticia, por suposto tarde como é costume nestes días, dun acontecemento de recente lanzamento.

O primo J. e a prima P. teñen dúas novas primas chegadas hai poucos meses da China. Ao seu ano e medio de vida, ambas chegaron falando chinés infantil e desde entón absorbendo todo canto lles entra polos cinco sentidos. Contodo non fan aínda, para o seu beneficio, moitas das grazas que os cativos desa idade acostuman facer (o de adoitan sempre me soou horroroso) mais logo darán feito grazas ao esforzo de seus pais. O outro día, en pleno ensaio, tivo lugar a seguinte conversa:

-¿Dónde tienes la cabeza?

Ao que a nena respondeu:

-(¿?)

-... Y ¿dónde tienes las orejas?

E repetiu resposta:

-(¿?)

-... Y ¿dónde tienes la nariz?

O resultado foi o mesmo:

-(¿?)

Por último, antes da gargallada xeral, preguntáronlle:

-... Y ¿dónde tienes el pelo?

Ao que a cativa dixo:

-¡BAU, BAU!

O anuncio corresponde ao programa de Quico Cadaval na Radio Galega (que, como di todo o mundo, agora xa se pode escoitar) chamado A boca da noite que, non por ter sido xa amplamente divulgado no blogomillo, deixa de merecer os meus máis absolutos parabéns. Déixolles unha mala mostra da súa mestría correspondente á contada de xoves pasado na Coruña. Creo que había seis anos que non nos viamos, a última vez que pasara pola casa fora para coñecer un recén nacido pelacho. Sóubonos a pouco e combinamos para toda unha noite de parola (uma directa, como di o amigo Amadeu Baptista) xa logo. Señoras e señores, ante todos vocés, o inimitábel, o incomparábel QUICO CADAVAL!!!!!!!!

Chuzame! chuzame -

Topics: Pelachos, leco |

2 Responses to “Contos chineses”

  1. peke Says:
    abril 6th, 2007 at 4:09 pm

    O detalle lémbrame outro: hai moitos anos en Barcelona, un chinés tropezou co meu home e díxolle todo educado “peldón”. O meu home moi excitado apresurouse a contarmo porque por fin constatara que era certo o que se dicía de que confundían r e l. O teu detalle vai un paso máis alá. :)

  2. hotel cinque stella strasburgo Says:
    maio 9th, 2007 at 11:29 am

    hotel cinque stella strasburgo…

    Contos chineses…

Comments

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader