« Axenda cultural AELG | Home | Talleres e manuais de bricolaxe sexual »
A xeración da Internet
By Leco | Abril 16, 2007
Teñen entre doce, por non baixar máis, e vinte e tantos anos. Hai quen di que se está a producir o maior choque xeracional dos últimos cincuenta anos. Disque viven de cara para fóra ou de cara para dentro, non fica moi claro desde fóra como eles o aprecian desde dentro.
A través de Tweak chego a un interesante e longo artigo do New York Magazine sobre os adolescentes dos Estados Unidos, Inernet e a fin da privacidade. Os tres titulares internos dan as claves das características que definen esta xeración:
1.-Viven conscientes dunha súa audiencia.
2.-Gardan rexistro de toda a súa adolescencia.
3.- Están máis curtidos que calquera xeración anterior, por causa da exposición pública.
Ten algo a ver connosco? Nin sei en que nós estou a pensar...
chuzame -
Topics: Pelachos |








