Archive for maio, 2007
« Previous EntriesE dixo o pelacho…
mércores, maio 30th, 2007
-Tengo tanta hambre... que me comería un bicho.
-Unha vacaloura, por exemplo?
-¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos.
-Ah, entón un verme!
-¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! Mejor prefiero la vacaloura
Aulas de anatomía pelacha
luns, maio 28th, 2007A pelacha foi facer pis e aló foi a prima tamén. Cada vez se entenden mellor e rin máis cada unha coa outra. Esta foi a conversa entre ambas antes de saír do baño:
-Me pica la vaxina!
-Qué vaxina?
-Esta
-Huy, pobecita! Quieres que te rasque? Yo rasco muy bien
-Sí
O conto ficou aí mais hoxe pola mañá a prima díxolle ao seu papá:
-Me pica (a rañar unha perna)
O papá, lembrando o diálogo do outro día, preguntoulle:
-La vaxina?
-Nooooooo, yo no teno vaxina. Sólo la tiene la pelacha y le pica mucho!
Por que, para que and so on…
xoves, maio 24th, 2007
-¿Pada que sidven las uñas, mamá?
-Para que non nos doan as puntas dos dedos.
-Ah.
Ése o que se come
mércores, maio 23rd, 2007O pelacho non come, devora. Sempre lle andamos enriba con que hai que comer devagariño para non facer traballar o estómago de máis e non gastalo antes de tempo, que un non é adulto só por cumprir anos senón cando se comporta como tal e bla, bla, bla, bla...
O outro día voltabamos do cole no carro el, o primo e mais eu e, aproveitando un momento de silencio díxolle ao primo:
-Tú no sabes cómo nos hacemos adultos y te lo voy a explicar. La cuestión no está en crecer, la cuestión non está en hacerse grande... la cuestión está en cómo comemos! ¡De verdad!
E, para quen poida non crer que estou a referir as súas palabras tal e como as dixo direi que hoxe, cando lle contei á avoa que lle mandaran ler o seu primeiro libro completo no cole, e a avoa lle preguntou se logo tiña que contar o que lera, el respostou: -No, sólo tengo que completar un cuestionario. E ficou tan pancho!
Nunca rimos desas cousas. Precisamente fannos moita graza porque non as di adrede. Alguén me preguntou hai tempo que opinaba o pelacho deste blog e mesmo se o usabamos como recurso educativo: se non fas tal... poñémolo no blog. Nin o pelacho nin a pelacha teñen nin idea de que este blog existe, aínda que eles son os seus verdadeiros destinatarios futuros. Comecei a escribilo porque pensei que gostarán de lelo cando teñan idade para facelo, do mesmo modo que eu desfruto coas historias que me contan de cando era cativa, mais para iso... aínda fica moito.
Era se una vez…
martes, maio 22nd, 2007O pelacho dixo que quería escribir un conto no ordenador. Isto foi o que lle saiu en media horiña, logo dun par de consultas de bes e uves. Mañá quéreo continuar:

« Previous Entries
