« I CONCURSO DE MICRORRELATOS LEMOSGALEGO | Home | Xa temos gañadora do I CONCURSO DE MICRORRELATOS LEMOSGALEGO »
Proposta de nova xantanza
By Tati Mancebo | maio 14, 2007
O sábado levamos os pelachos a casa dos avós paternos e saímos co Pawley para Culturgal. El tiña programa a iso da unha e nós unhas horiñas para botar unha olladela polo lugar. Semella que cultura e rede camiñan cada vez máis unidas pois sen o termos planeado, nada máis chegar atopamos a Ghanito, con que demos unhas voltas polo recinto, xantamos con Brétemas, Nacho Chao (ao que, como fai Pawley quero animar a que retome as teclas), o propio Pawley, Folerpa e Celia. Coñecemos a Ana Bande. Na presentación de Rinocerontes e quimeras, libro que todos os cativos deberían poder ler, encontramos a Opaco, con que estivemos logo falando devagar e artellamos un plan para quen se queira apuntar: unha xantanza de campo con nenos, con sol e sombra, nos arredores de Santiago para que sexa de fácil acceso pata todo o mundo. Por suposto non é obrigado levar nenos mais queremos que sexa posíbel facelo sen que supoña unha tortura para eles. Quen se apunta?
Canto a Culturgal, moitas observacións se poderían facer mais vou ficar con que me parece un extraordinario esforzo cuns resultados máis que meritorios para a súa primeira edición. Parabéns para a organización e todos os participantes!
Topics: leco | 8 Comments »

maio 14th, 2007 at 1:38 pm
…se un mesmo é coma un neno… vale tamén? …non coñezo moito os arredores pero seguro que hai algunha carballeira ou muiño ou campeiro preto dalgún río… onde poder facer unha boa xantanza completamente ó aire libre… apúntome…
(…e gústame máis este novo deseño…)
maio 14th, 2007 at 4:29 pm
[...] proposta interesante para os blogueiros e semellantes que tenhan ao seu redor seres humanos de talha pequena… unha xantanza “ao campestre”. directamente dende o voceiro dos meus axitadores favoritos: os pais dos pelachos. poderia ser divertido, non? [...]
maio 14th, 2007 at 7:13 pm
Carezo de familia miuda á que levar á xantanza. A miña asistencia dependerá só da disponibilidade na data, ¡as gañas de ir as teño xa!
E concordo en que o cultur.gal é unha experiencia interesante a repetir, e ainda que non fora así, só pola compaña, xa pagou a pena a viaxe
Con todo, modestamente penso que fallou a promoción, non sabía moito do que alí había até que cheguei.
maio 14th, 2007 at 8:27 pm
[...] E como están que non paran, ademáis proponse unha nova xantanza para o blogmillo, onde están incluidos tamén os máis pequenos. APUNTÁDEVOS PELACHOS! Etiquetags: chíos, concurso, lemosgalego, microrelatos, pelachos, twitter xantanza [...]
maio 14th, 2007 at 10:19 pm
Proposta de nova xantanza do blogomillo, desta volta «familiar»…
Convocatoria no blog dos pelachos: «estivemos logo falando devagar e artellamos un plan para quen se queira apuntar: unha xantanza de campo con nenos, con sol e sombra, nos arredores de Santiago para que sexa de fácil acceso pata todo o mundo. Por su…
maio 15th, 2007 at 1:00 pm
[...] P.S. dúas convocatorias desde casapelacha, o concurso de microrrelatos de lemosgalego e unha proposta para unha nova xantanza á que sexa posible que vaian nenos coas súas fantas e mirindas acompañados de adultos cos seus caciquecolas e… ganas de festa. [...]
maio 16th, 2007 at 9:57 pm
Curioso blog.
Saludos del Doctor, Crítico insolente de Blogs
http://elburladordemitos.blogspot.com/
xuño 15th, 2007 at 8:09 am
[...] Eventos Coordinados e Organizados. [...]