E dixo o pelacho: -Tengo tanta hambre… que me comería un bicho. -Unha vacaloura, por exemplo? -¡¡¡¡Nooooo!!!! Mejor uno que no tenga patas, ni ojos. -Ah, entón un verme! -¡¡¡¡Nooooooooooo!!!! ¡¡¡Mejor prefiero la vacaloura!!!

Archive for maio, 2007

« Previous Entries Next Entries »

Adiviña

luns, maio 21st, 2007

Para comezar hei de dicir que onte fomos á aldea e nos pegamos unha boa farta de callos.

Para continuar direi que hoxe á mañá a pelacha ficou sorprendida por un forte ruído procedente da cociña, onde só estaba o papá, e dixo: -¡Qué es es duido que padece de un elefante?

Para rematar engadirei que comecei o día a rir, igual que agora o acabo.

Chuzame! chuzame -

Devagariño

sábado, maio 19th, 2007

Fomos ver e escoitar un "conto musical" no Centro On de CaixaGalicia. Contrabaixo, viola e dous violíns. Unha das violinistas facía tamén de narradora e ía pasando as diapositivas nunha pantalla. Nada máis comezaren preguntou aos nenos se sabían como se chamaba aquel instrumento tan grande. O primeiro en responder foi o pelacho, que dixo que era un contratrabajo, si, si, contratrabajo. Ao ver que toda a xente ría e que o pelacho debía estar a protagonizar un afortunado sainete, a pelacha non se cortou en dicir a voz en grito que ela se chamaba pelacha e que o pelacho era o seu irmán.

Esta era a segunda vez que iamos a este centro. En semana santa tamén fomos escoitar outros contos dun paxaro e nun momento dado había que ficar totalmente calados e chascar os dedos por algo que tiña que ver coa historia. O pelacho, entre esforzo e esforzo, soltou: ¡A mí no me sale pero estoy aprendiendo! E era verdade. Casualmente neses días andaba a practicar ese recurso que a el lle parecía de adulto cada vez que se lembraba, e xa anunciara que o próximo reto sería asubiar cos dedos.

É curioso mais eu lembro perfectamente cando aprendín a facer as dúas cousas e o traballo que me deu cada unha delas. Asubiar cos dedos levoume máis tempo pero polo menos non fixen bochas.

Chuzame! chuzame -

Xa temos gañadora do I CONCURSO DE MICRORRELATOS LEMOSGALEGO

venres, maio 18th, 2007

Este é o relato gañador da 1ª edición do Concurso de microrrelatos LEMOSGALEGO. A súa autora resultou ser PEKE:

Chego tarde á cita, seino, pero non podía deixar sen atar a mamá.

Espero que o can non roia as cordas e a ceibe. Non sobreviviría.

Os meus máis afectuosos parabéns, Peke!

E, por outra banda, quero sumarme ao plan de Dorfun de facermos un mural compartido, que me pareceu unha idea preciosa e aquí deixo a miña contribución, ou máis ben a do pelacho:

nossomosletras.jpg

Chuzame! chuzame -

Proposta de nova xantanza

luns, maio 14th, 2007

O sábado levamos os pelachos a casa dos avós paternos e saímos co Pawley para Culturgal. El tiña programa a iso da unha e nós unhas horiñas para botar unha olladela polo lugar. Semella que cultura e rede camiñan cada vez máis unidas pois sen o termos planeado, nada máis chegar atopamos a Ghanito, con que demos unhas voltas polo recinto, xantamos con Brétemas, Nacho Chao (ao que, como fai Pawley quero animar a que retome as teclas), o propio Pawley, Folerpa e Celia. Coñecemos a Ana Bande. Na presentación de Rinocerontes e quimeras, libro que todos os cativos deberían poder ler, encontramos a Opaco, con que estivemos logo falando devagar e artellamos un plan para quen se queira apuntar: unha xantanza de campo con nenos, con sol e sombra, nos arredores de Santiago para que sexa de fácil acceso pata todo o mundo. Por suposto non é obrigado levar nenos mais queremos que sexa posíbel facelo sen que supoña unha tortura para eles. Quen se apunta?

Canto a Culturgal, moitas observacións se poderían facer mais vou ficar con que me parece un extraordinario esforzo cuns resultados máis que meritorios para a súa primeira edición. Parabéns para a organización e todos os participantes!

Chuzame! chuzame -

I CONCURSO DE MICRORRELATOS LEMOSGALEGO

domingo, maio 13th, 2007

castana.jpgPodes consultar as bases no Twitter de Lemosgalego.

Nota: Acabamos de incluír un novo apartado na barra da dereita co nome OBRAS COMENTADAS -xa hai 18- que iremos actualizando periodicamente.

Chuzame! chuzame -
« Previous Entries Next Entries »

PELACHO 04-08

PELACHA 07-08




  • O que ando a ler

    Planeados:

    Actuais:

    • Mil mesetas

      Mil mesetas de Gilles Deleuze e Felix Guattari

    • Book of Longing

      Book of Longing de Leonard Cohen

    • Historia de la fealdad

      Historia de la fealdad de Umberto Eco

    • Historia de la locura

      Historia de la locura de M. Foucault

    • Cuentos Completos

      Cuentos Completos de Truman Capote

    Recentes:

    View full Library

  • Arquivos

  • Semente

    • Any Feed Reader