Archive for xuño, 2007
« Previous Entries Next Entries »Non me berres que levo chanclas
luns, xuño 18th, 2007
Aparte de pasar o día a falar seguido (aínda o outro día preguntou por que cansaba de falar e, claro, tivemos que lle dicir que era de non parar en todo o día), a pelacha aínda non controla ben o volume e ás veces atrónanos os oídos:
-Pelacha, non berres, por favor!
-Poqué, Mamá?
-Porque molestas! Es terríbel! (todo isto con cara de guasa, por suposto)
Entra o pelacho na conversa:
-Qué significa terríbel?
-O mesmo que terrible.
-Ah, ya. Pero con más espítiru, ¿no?
chuzame - O poder da túa voz
luns, xuño 18th, 2007Vía Informe diario
chuzame - xoves, xuño 14th, 2007
-Hoy tengo deberes. Tengo que hacer unas fichas. Son muchas: cuatro, o seis, o siete... son un montón y todas obligatorias para mañana.
-Ah, si? E como foi que hoxe tedes todo ese traballo?
-Pueees... es que al principio la profe dijo que no eran obligatorias y yo le dije: Ya verás qué bien guardaditas te las guardo todas en la basura. Y entonces, para mí, fueron obligatorias.
Esta vez non tivemos que aguantar as gargalladas porque tiña ben merecidos o castigo e mais a burla.
-Ves por que é tan importante pensar todo o que se di e non dicir todo o que se pensa?
E dixo que si o entendía, para rapidamente pasar dun chimpo a un terríbel monstro que, segundo o pelacho, era seis veces o tamaño de vinteseis veces a nosa casa!!!!
chuzame - Os nenos aparecen nun de cada tres anuncios de televisión
martes, xuño 12th, 2007"Os nenos aparecen nun de cada tres anuncios publicitarios de televisión, segundo un estudo presentado no 56º congreso da Asociación Española de Pediatría, celebrado en Barcelona, que revela que os menores teñen substituído a muller como reclamo publicitario."
Paréceme terríbel tanto por todos os nenos que hai traballando no mundo da publicidade, onde nin todos o pasan ben, e sei de que estou a falar, nin pola imaxe que abertamente se promociona sobre o valor da notoriedade vacua e o famoseo. Estou rotundamente en contra. É algo que en ningún caso querería para os meus fillos.
chuzame - Premios Xerais 2007 II
domingo, xuño 10th, 2007Difícil día para a tecnoloxía. Como nos resulta imposíbel subir vídeos ao Youtube optamos por aloxarlos en Google, mais por un novo problema non podemos embeblos no blog. Deixamos as ligazóns para cada un deles e recomendamos axustar o tamaño do reprodutor de modo que non se perda moita definición (tamaño orixinal ou duplo como máximo):
-"Moendo" Interpretada por Xavier Blanco
-Dictame e entrega do premio Xerais 2007
-Dictame e entrega do premio Merlín 2007
-Dictame e entrega do premio Fundación Caixa Galicia 2007
-Discurso de clausura a cargo de M. Bragado
chuzame - « Previous Entries Next Entries »







