Archive for xuño, 2007
Next Entries »Premios Xerais 2007
domingo, xuño 10th, 2007Teresa Moure: O carácter revolucionario da escrita e da palabra
Onte estivemos alí, cargados con cámaras de fotos, vídeo e moitas ganas de traermos á rede unha crónica fresca do gran encontro de xentes da cultura que é a entrega anual dos Premios Xerais. Non foi suficiente ficarmos en pé até as cinco da mañá para poder servir de almorzo o pequeno tesouro que atopamos na Illa de San Simón, mais vaia por diante este dobrón audiovisual como petisco do que proximamente ofreceremos a quen o queira ver: a tarde en fotos, os premios en vídeos e unha selección de entrevistas. Bo Proveito!
chúzame - Contorsionismo
mércores, xuño 6th, 2007-Pelacha, para que te dobras tanto?
-Es que quiero ver la lingüeta de la vaxina.
chúzame - Furor
mércores, xuño 6th, 2007Estes son os patíns que "se pide" o pelacho. A ver se aínda non acabamos con dous pares, porque son tentadores de verdade.
chúzame - Lepourquoipas
martes, xuño 5th, 2007
Eis o primeiro libro da nova editorial coruñesa Lepourquoipas. Sempre pensei que botar a andar un proxecto destas características era un labor complicado mais cando o amigo Óscar Sánchez, un dos principais implicados na aventura, me conta os detalles polo miúdo, non podo máis que admiralos e felicitalos.
Alí estaremos o próximo día oito para repartir parabéns e levar a casa un libro asinado, con propostas tan interesantes como "Descifrando las claves de la vida" ou "La investigación científica del alma".
Agardamos impacientes os seguintes.
chúzame - Viva o karaoke!
luns, xuño 4th, 2007Non é que pase o día a enredar en todo canto trebello sae mais por cuestións de traballo é algo no que me corresponde estar ao día. Así, vou gardando nun saco todas estas cousiñas e de cando en vez, cando estou derreada até para ler, meto a man no saco e, como se se tratase dun bingo de Nadal, tiro unha bola e fedello unha miga.
Moito tempo pasou desde aqueles primeiros arquivos midi de karaoke, cheos de boas intencións e horríbel gosto. Hai poucas semanas souben do Redkaraoke e comprobei con amarga sorpresa que a maioría das cancións seguen a ser de tipo midi. Entón procurei algo mellor e dei con Singshot: versións que soan máis ou menos semellantes ás orixinais, grande abano de pezas e até co código directo para embeber as nosas gravacións no blog. Eu non puiden incluíla dentro do post senón na barra lateral porque, a dicir de Goretoxo, o editor de WP ten filtros e borra etiquetas a todo o que lle pasamos, vaia, que inclúes unha foto de George Clooney con traxe de Armani e sae no blog vestido de Carrefour.
Hai unha chea de cancións de todos os estilos aínda que recoñezo que onde máis fácil me resultou atopalas cantábeis foi na sección de oldies, por algo xa non ando lonxe da corentena. Funciona desde Linux sen problema para gravar mais non para obter os códigos para o blog porque a xanela correspondente sae por baixo da que está á vista.
O único atranco que atopei foi que, como supoño que cando gravamos unha canción só fica rexistrada a nosa voz, que se xunta coa melodía só cando lle pedimos que nola reproduza, hai un certo retardo entre letra e música. Confeso que tentei gravar Blackbird, unha debilidade beatlemaníaca, polo menos media ducia de veces mais o retardo era tan pronunciado que entraban ganas de facerlle surcos a un prato de aluminio cun garfo antes de oíla.
Como Yesterday é unha canción tan coñecida, se alguén máis se anima a versionala podería poñela no seu blog e deixar aviso neste para que poidésemos escoitalas todas. E se alguén propón calquera outra que eu saiba, dos Beatles ou de quen for, prometo contribuír. Fica dito.
chúzame - Next Entries »








